MEU POBO: CERPONZÓNS Comenzo este blog, no que intento poñer en valor o lugar onde nacín e ó que pertenzo, que pouca xente coñece, a pesares de estar tan só 5 kilómetros do centro de Pontevedra. Espero que o visitedes e que descubrades os lugares e costumes que pouco a pouco vou descubrindo onde se amosa un paraxe fascinante. Para os que queirades aportar datos ou fotos para seguir completando a historia da nosa parroquia: cerponzonsblog@gmail.com
miércoles, 25 de febrero de 2015
CERPONZÓNS NA COPA DEPUTACIÓN 2015
Seguimos escribindo a nosa historia, pasiño a pasiño.
Cerponzóns, tamén có deporte.
Mañán, 26 de febrero de 2015, ás 21;30, na Chan do Monte, o equipo da parroquia enfrentarase por primeira vez na sua historia a un equipo de 3º división nacional, o Sanxenxo. O partido corresponde á eliminatoria de dezaseisavos da final da Copa Deputación 2015,que se disputará a partido único, no campo da nosa parroquia.
O equipo intentará facer un bo papel ante un equipo moi superior, en canto a presuposto e categoría.
Hai que lembrar que a prioridade do equipo este ano e a liga regular, onde o principal obxetivo e a loita por o ascenso de categoría. Nestes intres, o equipo encóntrase nos 5 primeiros postos aspirando a todo.
Inda que no seno do equipo non sedesbota poder dar a sorpresa, ante un Sanxenxo que chega nunha racha negativa de 8 derrotas consecutivas na liga.
Sorte para os nosos xogadores...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
A por eles !
ResponderEliminar