Un ano mais toca reportaxe da xuntanza veciñal que organiza a comunidade de montes da nosa parroquia, como todos os años, os veciños e a xente que quixo acompañarnos neste día, xúntaronse primeiro acudindo a misa que se celebra por todos os que xa no están, e despois dirixíronse ó adro da igresia que se acondiciona para o evento. Aquí tendes as instantaneas para o arquivo da parroquia.
Todo está preparado para o convite.
O polbo arrecende, quentiño listo para sair...
E ahí van as fotos de este ano. Espero que vos encontredes, como xa coñecedes os seguidores de este blog, a fotógrafa fai o que pode.
Os que nos serviron na comida, traballadores do catering "Senín" |
O duo "2voces" amenizou a tarde, con Enrique Alvite, veciño da parroquia tamén.
Despois das larpeiradas e os cafés, os veciños fóronse animando a bailar...
Ollaba de lonxe as mesas cheas de veciños parolando amigablemente, familias xuntas disfrutando deste día, veciños e amigos que facía tempo que non se veían, tiven unha certa sensación de ledicia, e orgullo dos meus veciños, da miña parroquia.
Ata o ano que ven.
Hermosas fotos!!! Aunque conozco a muy pocos personalmente, también siento felicidad y orgullo al verlos compartiendo este rato juntos. Parabéns!!!
ResponderEliminar