Páginas

lunes, 27 de octubre de 2014

O MAGOSTO DE CERPONZÓNS 2O14

En Cerponzóns síguese a escribir a nosa pequena historia.

Coma tódolos anos dende fai xa tempo, na nosa parroquia, cando chega o tempo das castañas, os veciños teñen outro motivo para xuntarse e disfrutar dunhas horas en compañía.

A A.C.D. Chan do Monte (asociación cultural da nosa parroquia), organiza este evento.
Encárganse de poñer a carpa, traer música, recolectar as castañas, que se producen nas nosas fértiles terras, ásanas para que os veciños podan degustar este producto tan galego.

Coma en outras ocasións, os veciños tamén puideron degustar roscón, e viño, así como refrescos varios.

Este ano o tempo aliouse con nos novamente, cunha temperatura estupenda.
Houbo gran asistencia de veciños e tamén xente dos arredores.

Agradecementos os organizadores, que con estes pequenos xestos van acadando que de cando en vez os veciños se reunan para festexar e parolar amigablemente.

Aquí tendes algúns momentos da festa, nesta ocasión non foron moitas as fotografías, coma sempre digo se tedes e queredes aportar mais fotos, serán recibidas gustosamente para que en este pequeno blog vaia quedando testemuña da nosa historia.




Traballando para que todo saia ben.
















A noite foi caindo, e os veciños fóronse despedindo ate o ano próximo.










No hay comentarios:

Publicar un comentario