miércoles, 11 de marzo de 2015

PATRIMONIO HISTÓRICO DE CERPONZÓNS "OS MUIÑOS"

Esta entrada está adicada ós muiños e o leguario que forman parte do patrimonio da nosa parroquia.

A estrada nacional 550 no seu percorrido Tuy-Santiago, esconde pequenos tesouros, trátase dunha serie de marcos ou leguarios que marcaba as distancias que lle quedaban por percorrer ao camiñante...



*1 legua era unha antiga unidade de medida que marcaba a distancia que unha persoa podía percorrer en 1 hora xa fose a cabalo ou a pe...





Os leguarios da N550 están separados aproximadamente 7 km, cabe dicir que a estrada primitivas sufriu modificacións no seu trazado e que algúns leguarios desapareceron e outros poderían terse movido da súa localización orixinal.




A obra remóntase a fins do século XVIII con motivo da explanación do camiño real que unía Santiago de Compostela con Pontevedra, a obra fué promovida e financiada inicialmente polo arcebispo Raxoi e posteriormente polo arcebispo Malvar, José Perez Machado fué o arquitecto encargado da obra e Melchor de Ricoy o aparellador, a eles atribúeselle o deseño e execución dos leguarios.





Os leguarios encóntranse na marxe dereita da calzada segundo se avanza sentido Tuy, realizados en granito, teñen forma troncopiramidal e se asentan sobre pedestais de sección cuadrangular, na cara este leva gravado as leguas que distan a Santiago e a Coruña respectivamente, na cara sur colócanse os reloxos de sol ortomeridianos e con numeración romana para as horas.

No km 114 en Cerponzóns sitúase o leguario que destaca frente a outros como o de Valga(km87), o de Caldas(km93), o de Barro(km107), o motivo e que está asentado sobre unha plataforma cuadrangular de varios peldaños, ó seu reloxo de sol tamén lle falta o gnomón.
(Fonte:http://reloxosdesol.wordpress.com)

Trátase de un reloxo de sol, grabado en pedra, e os datos para os mais entendidos son:
    LATIDUD:42º28´43"N
        LONGITUD:08º38´32"W
ORIENTACIÓN:Sur

Tipo:Vertical meridional.
        Grabado en pedra
   Lineas horarias
         Números romanos.
Como xa mencionei  sitúase no monolito que antíguamente servía para señalar as distancias no camiño, na actualidade equivaldría a un punto kilométrico.


Detalle do reloxo de sol.






Quixera chamar a atención sobre a riqueza que posúe o noso territorio, que moitas veces non apreciamos, ogallá alguén, ou algunha institución, puidese recuperar estes tesouros que aínda nos quedan para que se puidesen admirar por todo o mundo.
 Tamén quero recordar que as fotografías que figuran aquí son só unha mostra, houbo 18 muíños na nosa parroquia dos que teño noticias que seguen en pe son a maioria, inda que o estado de conservación non e moi bo, algún día e coa axuda dos veciños espero conseguir ter foto de todos para que quede constancia aos nosos fillos e os próximos moradores desta parroquia da historia que atesoura no seu interior.




Gustaríame facer resaltar que os muíños que aquí mostro xa son detallados na época en que se fixo o interrogatorio do Marqués da Enseada (transcrita en outra entrada de este blog), sobre o 1752, e todas estas construcións e outras moitas xa son enumeradas xunto coa súa producción, na época, polo que concluimos que neste ano xa estaban construídas e realizando as súas funcións.




  Aquí vai o extracto da descripción que faise no interrogatorio do Marqués da Ensenada referida os muiños na parroquia.



"17. Si hay algunas minas, salinas, molinos harineros u de papel, batanes y de que uso explicando cada uno de utilidad al año.

A  la décima séptima dijeron que no hay minas salinas ni otros artefactos que los contiene la pregunta en los términos de dichas feligresías mas que en ellas los molinos harineros que van declarados subsiguientemente con esta distinción(...) Cerponzóns tiene en su término dieciocho molinos en el riachuelo do Castrado y en el Acibal que son de maquila los diez siguientes; uno de Don Julián de Vega cura de dicha feligresía que lleva en arrendamiento Felipe Fernández por catorce ferrados de pan; el otro de Juan Martinez; otro de Josepha Lopez; y otro de Manuel y Lucas Fernandez, el primero considerado nueve meses que muele a veinte reales y veinte y ocho maravedíes cada mes y bajados cuarenta y dos reales del valor de los catorce ferrados de pan deja de utilidad al año a dicho Fernández ciento cuarenta y cinco reales y catorce maravedíes u los otros nueve molinos considerados siete meses por tener menos maquila y al mismo respecto corresponde de utilidad por año a cada uno de sus dueños ciento cuarenta y cinco reales y veinte y seis maravedíes y todos son de piedras negras. Los otros ocho molinos tambien de piedras negras son de Francisco Falcón, Domingo de Castro, Manuel de Magdalena, Joseph Gomez, Gerónimo de la Iglesia, Domingo de Tilbe, Miguel de Castro, Domingo Cancela, y consortes los que sirven para usos particulares moliendas y cada uno se regula de utilidad según su consumo a noventa reales. Nota: que en dicho Cerponzóns hay un batán en el río del Acibal propio de Francisco Falcón que por estar arruinado no produce utilidad y por lo que puede importar declaran que estando corriente deja de utilidad cada año a su dueño trescientos reales.

MOLINOS QUE NO SON DE MAQUILA

Uno llamado ORZERA situado en el río que viene del Acibal propio de Francisco Falcón y de Ignacio Tilve de la misma vecindad es de piedra negra muele siete meses.

Otro del mismo nombre y en dicho río de una piedra negra propio del dicho Francisco Falcón, Alberto Gómez, Domingo de Castro, herederos de Juán Cancela, vecinos de Alba Juan Magdalena, Benito de Lores, Alberto Gomez Justo, y Tomás Alonso, Benito Blanco, Manuel Falcón de esta vecindad y Benito de Lores de la de Lerez, muele 7 meses.
Otro del mismo nombre y en el referido río piedra negra, muele siete meses propio de Nicolás do Freixo, Ignacio Toibal, gerónimo Rulibal, Antonio da Vila, Domingo de Castro, y Joshep Sartal vecinos de dicha feligresía.
Otro llamado Bouza del Rey situado en dicho río del Acibal piedra negra, muele siete meses propio de los herederos de Pedro Gomez, Domingo de Tilve y Miguel Gomez de esta dicha feligresía.
Otro en dicha Bouza del Rey y río Acibal piedra negra, muele siete meses propio de Francisco Gomez. Pedro Blanco, Antonio Perez, Ignacio Solla, Benito Gonzalez, Domingo Cancela, Pascual de Tilve, y Benito Bieites, vecinos de dicha feligresía.

Otro llamado Caeiro, sito en dicho río de piedra negra, propio de los herederos de Gregorio Fontecoba, los de Fernando de Souto, Benito de Castro vecinos de dicha feligresía, muele siete meses.

BATÁN; Uno en el río referido Acibal propio de Francisco Falcón de las misma vecindad.

MOLINOS DE MAQUILA

Uno llamado PIÓN, situado en el río de Acibal de una piedra negra y de maquila muele siete meses al año, propio de Juana Martínez, vecina de dicha feligresía.

Otro llamado A BALEA, sito en dicho río propio de Benito Melón vecino de la dicha feligresía y de una piedra negra y de maquila, muele lo mismo siete meses.

Otro del mismo nombre de A BALEA sito en dicho río, de piedra negra, propio de Francisco Alvarez, de la misma vecindad muele siete meses es de maquila.

Otros dos del referido nombre de A BALEA sito en dicho río cada uno de una piedra negra, maquileros propios de Casimiro Melón de la misma feligresía.

Otro del citado nombre, y en dicho río, de piedra negra, propio de Alexos Parada, Juana da ¨Fonte, Alberto Fontenla, vecinos de dicha feligresía y Patricio Cancela de  la de Alba.

Otro llamado PUENTEBEÁN sito en la dicha feligresía y río de Acibal, de piedra negra, y maquila propio de Juan Fernandez de dicha feligresía muele dichos siete meses.

Otro en dicho PUENTEBEÁN y en referido río, de piedra negra, y de maquila, propio de Josepha López viuda de la misma vecindad, muele siete meses.

Otro en dicho río, de piedra negra, y de maquila, propio de Manuel y Lucas Fernandez de la misma vecindad, y muele dichos siete meses."



    RESTOS DE ALGUNS  ANTIGUOS MUIÑOS QUE PODEMOS VISITAR EN CERPONZÓNS.





MUIÑO DE JOSÉ DA RONS




Muiño na Rons, privado.

Manda TROITEIRO, mais fotografias, moitísimas grazas.






Ponte có muiño ó fondo propiedade do difunto José da Rons, ahora do seu fillo, e o único da parroquia que sigue funcionando.



 



Esta pequena cascada está perto do muiño da Rons, na foto non se aprecia muito, pero pola parte superior, si vos fixades, hai auga mais tranquila, esa e a presa deste muiño.





Inscripción na porta dun muiño pola parte da Rons, casi non se ve, pero acostumabase a poñer o ano da sua construcción, este data do 1827, mais ou menos os números no son claros. 





MUIÑO DO CAÑOTO




MUIÑO DA BALEA.

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Cerponzóns (San Vicente)
Lugar: A Balea
Outra denominación do ben: 
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Trátase de dous muíños acaroados con cadansúa canle cuberta que se alimentan dunha mesma canle de abastecemento. Dun deles só se conservan os alicerces e parte da parede que dá ao río coa súa boca de inferno. Outro consérvase ben con pedra de moer no interior. No interior pódese ver a canle enxertada no interior e unha bancada de pedra sobre o mesmo.


Ponte xunto ó muiño da Balea


Parte da presa por onde circulaba o agua até o muiño.


Entrada ó muiño da Balea


Interior do muiño da Balea


Interior da Balea










(Foto: Pablo Eirín)



 (Foto Pablo Eirín)




MUIÑO DA GÁNDARA;


Propiedade eclesiástica.









No arquivo eclesiástico consérvase un escrito, ou parte do xa que faltan anacos pola mala conservación, está datado o 11 de Novembro de 1960, e feito polo párroco Don Jesús García Gomez onde fai unha detallada descrición do estado das propiedades e outros, di así:



"A Gándara duns 22 ferrados, no extremo sur do devandito terreo hai un muíño maquillero, autorizado pola Xunta Nacional do Trigo, ten dereito á auga do río que baixa da Portela pasando por Reiriz, todos os días do ano menos nos meses de rego, pois na devandita tempada do sábado ás 10 da mañá ata o luns á mesma hora de 10 da mañá, en cuxo tempo poden regar os terreos que quedan antes do muíño referido.Así consta pola tradición que se veu observando a través dos anos, do que son testemuñas as persoas mais anciás desta zona en que está encravado o muíño".




 MUIÑO NO CASTRADO




Foto Pablo Eirín.



Outra fotografía: 

Foto Pablo Eirín


MUIÑO DA CARREXAS

Foto Pablo Eirín
Foto Pablo Eirín


 
OS PASALES


 




Outra toma del interior do muiño dos Pasales




MUIÑO DO CAEIRO























Na zona de San Cayetano lindando con Alba encontramos dous muíños que os veciños denominan " o de arriba e o de abaixo".





"o de arriba", conta unha veciña que foi propiedade de 20 familias diferentes, agora serán dos seus herdeiros.


Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Cerponzóns (San Vicente)
Lugar: San Caetano
Outra denominación do ben: 
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Muíño en pedra de cachotería con teitume a unha auga e muros de cachotería. Curiosamente amosa dúas bocas de inferno aínda que soamente tiña unha pedra de muíño. O cubo é inclinado, feito en perpiaño, e a súa canle abastecíase do Regato de Rons, a uns 60m. ao noreste. Actualmente a canle foi cortada pola nova vía do tren. Conserva o teitume de tella do país. O muíño atópase en estado de abandono.
O muíño cesou a súa actividade en torno ao ano 1990. O súa dona vive a carón.

Foto Pablo Eirín


 









                                         Presa.




                               MUIÑO DA BAIXO


Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Cerponzóns (San Vicente)
Lugar: San Caetano
Outra denominación do ben: 
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Muíño de planta rectangular con espazo para o tremiñado. Amosa na mesma beira a porta de entrada e un cubo inclinado de grandes laxes de pedra cuxa canle de abastecemento provén directamente do muíño de Riba. O seu teitume é a dúas augas con cuberta de tella, hoxe en día derrubada. Os seus muros están feitos en pedra de cantería.
Foto Pablo Eirín



Outra fotografía: 




                                        


                                          presa


 

MUIÑO DA UFA

Atópase agochado entre canas queda  esqueleto, dentro non hai nada, está ó borde da carretera de Villagarcía, "Ufa", pertenece a Cerponzóns.



   
                            



                                           Presa.




Puente Beán.



MUIÑO VELLO





MUIÑO EN SANTANRANDAN 

SANTARANDÁN


MUIÑO DE ELADIO




















14 comentarios:

  1. Si quieres fotos de mas molinos pero del rio Rons mandame correo a parroquianovo@hotmail.es.No los tengo todos pero si unos 6 o 7 mas

    ResponderEliminar
  2. Hola!nn sei se mandaches correo ou no e que nn me vai...mira se queres as fotos puxenas no facebook da parroquia..buascao por.san vicente de cerponzons.puxen jnha de cada pero inda me falta o do.primeiro que hai vi.do de san cayetano...saudos

    ResponderEliminar
  3. hola. e que inda vin esto ahora..no non me chegou ningun correo .por certo vexo que descubriches os muiños que hai no lugar de san caetano.a verdad que inda estan dentro do que cabe ben conservados pero........ os do AVE taparon a presa que habia por debaixo da via que lebaba a auga para os muiños e para as fincas.... cousas que pasan.fai tempo queixeime o concelleiro de patrimonio pero nada.Era bo que o fixera algunha asociacion da parroquia que seguro lle farian mais caso.
    e unha pregunta.... ese puentebean sera a ponte esta que limpou o concello fai uns meses ali chegando a carretera de vilagarcia cerca da fabrica de piensos?


    e no apartado de cruceiros faltache o que hai no limite das parroquias de verducido lerez e san vicente ala no monte indo cara verducido pasando a conexeira.que polo que me teñen contado uns veciños que xa morreron era o limite das tres parroquias.
    e gracias por compartir todo esto con nos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si a ponte Beán é a que está en S. Caetano, onde engancha có cruce de Vilagarcía, e o que limparon fai pouco xunto con outro que está mais adiante no camiño portugués, no lugar do Castrado, eu no no coñecía hasta que o limparon e fun velo o outro día, por alí cerca tamén hay unha ruta que usan os pescadores na época de pesca, dende non se sabe cando, inda que ahora casi no se pode pasar en algúns treitos, a limpeza das pontes que che comento, foi publicada na prensa, pero erroneamente as adxudican a parroquia de Alba, están no territorio da nosa parroquia, son pontes que despois dos séculos vense que están en bó estado, que son bén fortes, e ahora coa súa limpeza podesmos disfrutar da súa beleza. Un saudo.

      Eliminar
    2. Si esa limpouna o concello por peticion dos veciños de Alba....(e nos nada)A outra que limparon que forma parre do camiño de santiago si que e de Alba.e pasando o castrado chegando a San Amaro..(ou polo menos e a que me comentaron!Se queres fotos...hainas en facebook perfil san vicente de cerponzons saudos!

      Eliminar
  4. A pontella do Castrado pertence a Cerponzóns, esta no camiño portugués, non sei si hay outro mais pa diante pero eses dous están en Cerponzóns.

    ResponderEliminar
  5. Hola!no estas equivocada.No castrado hai unha ponte que cruza o rio ....pero ali nn forma parte do camiño xacobeo.Si a forma a que hai mais adiante que ou cruzas o regato pola auga ou pola ponte facendo o camiño.Esa e fijo fijo de Alba.Xa o comprovei co gps.....O que nn sei cal das duas limparon pero polo que me contaron e a de Alba.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non me expliquei ben, ó pasar polo camiño portugués pero non hay que cruzala, limparon as duas pontellas a de San Caetano e esta, que son de Cerponzóns, inda que no diario situaronas en Alba, cecais pola idea de que S. Caetano soa mais a que esté en Alba e que poucos saben que hay pequenos trozos q son de Cerponzóns xa que o trazo do mapa da parroquia é moi irregular.
      O outro dia pasei por alí a velas, desgraciadamente non levaba cámara, pero a verdade é que son fermosas ahora que se poden ver mellor, que xa non están tapadas pola maleza, non reparara en elas, è curioso ver como están intactas có paso dos séculos e tendo en conta como foron construídas, casi soamente coas mans, e como aguantaron ahí durante séculos vendo pasar a vida de todolos veciños. Cantas historias poderían contar!!!!!

      Eliminar
    2. Fotos teño eu.dame teu correo e mandochas

      Eliminar
    3. Agradezcocho pero non teño a teu enderezo electrónico para pasarche o meu, e ó ser anónima a resposta inda peor non teño nin idea de quen és, inda que foses o veciño mais cercano a min.

      Eliminar
  6. xa cho pasei varias veces o de troitaspocesto@hotmail.com. eu e por colaborar coa difusion do noso patrimomio e para que a ver se as autoridades toman medidas..

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Disculpa xa me dou conta, si que recordo que che mandei un par de emails, poreime en contacto contigo, e agradezcoche a tua colaboura, moitas grazas; Un saudo.

      Eliminar
  7. Muy buen trabajo!!! como siempre: muy claro y didáctico!!!!

    ResponderEliminar