miércoles, 19 de marzo de 2014

PATRIMONIO HISTÓRICO DE CERPONZÓNS: POMBAIS E HORREOS



 Horreo particular, datado de modo aproximado do século XVIII,  está en bo estado de conservación, e como curiosidade, na parte superior ten un reloxo de sol.








Detalle do reloxo de sol.


 Hórreo na casa rectoral, este é moito mais antíguo que o anterior.
                                  (Datado ó redor do 1600)


 

PATRIMONIO GALEGO
Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Cerponzóns (San Vicente)
Lugar: Tilve
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Palleira a carón da reitoral de San Vicente de Cerponzóns. Nesta parroquia non hai unanimidade a hora de pórlle nome a este tipo de construcións e tanto se escoita, palleira como canastro e mesmo cabana.
Esta en concreto consta de cinco pares de pes elevados sobre basas individuais. As patas son oitavas e van rematadas en tornarratos cilíndricos, coa parte superior rebaixada non sendo mesmamente baixo os perpiaños que van de pe a pe.
A caixa ou cámara e de perpiaño de granito con pasaventos de doelas e faixa de madeira. Amosa unha porta pola parede testeira que mira ao este mais outra polo costal de sombra. No testeiro de poñente atopamos un pasaventos en pedra con seis furados en vertical. Nesta beira temos un remate piramidal sobre o penal namentres que pola outra beira, vemos unha cruz sobre baseamento. Nas parede do costal, que mira ao sol, podemos ver grapas metálicas en horizontal unindo os diversos perpiaños que se apoian sobre os tornarratos.
A cuberta é a dúas augas en carpintería de madeira e tella do país.
A cámara elevase 1,30 metros do chairo. De longo ten 9 metros por 2,62 m. de ancho e unha altitude ata o remate do pinche de 2,40 m.



Dos palomares que houbo na parroquia faise un relatorio nos escritos que fai o marqués da Ensenada.
Recóllese neste interrogatorio, que en Cerponzóns sobre o 1700 e pico, había 4 palomares, un do cura, con 120 pares de palomas, outro de D. Francisco Araujo de 80 pares de palomas, outro de D.Joseph Fontanes, de 40 pares de palomas, e outro de Benito Castro con 50 pares.



  Aquí mostro dous, dos outros dous non teño noticias. 





 Palomar en Cerponzons, este está situado o carón da casa rectoral, onde antaño estaban plantados numerosos árboles frutais dos que se fan un relatorio noutra entrada de este blog.


 Palomar  situado no parque dos nenos na parroquia de Cerponzons.


Detalle do interior do palomar.
Señalar que si xa se recollen en estes escritos, e estaban a pleno rendimento, e facil supoñer que a data da súa construcción sexa anterior.




2 comentarios: