lunes, 2 de febrero de 2015

DESCUBRIMENTOS ARQUEOLÓXICOS EN CERPONZÓNS


 .

Nesta nova entrada vou ir mostrándovos a documentación que estou encontrando sobre a arqueoloxía que hai na nosa parroquia.


INTRODUCCION:

As mámoas ou medoñas son túmulos funerarios, consistentes en amoreamentos artificiais de terra e/ou pedras, habitualmente de forma circular (xa que ás veces presentan unha estrutura lixeiramente elíptica), que se nos presentan de forma brusca sobre o terreo que sinalan e conteñen un ou varios enterramentos características do Neolítico no noroeste da Península Ibérica. Normalmente no seu interior agachan unha estrutura pétrea coñecida como dolmen ou anta, formando o conxunto un túmulo funerario característico da cultura megalítica. É habitual que presenten unha depresión na parte superior coñecida como cono de violación, resto dalgunha escavación ilegal na busca de materiais preciosos ou máis comunmente para aproveitar as pedras. Atópanse mámoas en moitos lugares onde houbo cultura megalítica.

A denominación máis estendida para coñecer este tipo de monumentos é a de mámoa e procede do latín mammula, peito de muller. Esta denominación aplícase metaforicamente a este tipo de monumentos pola similitude dos mesmos cun peito feminino. Tamén se usan diminutivos como mamoíña ou mamoela.



Un túmulo é o nome que recibe o montón de terra e pedras levantado sobre unha tumba ou varias, e que se remonta á época das idades de Piedra, do Bronce e do Ferro.

Orixinariamente consistía nunha pila de rochas que recubría directamente o corpo, pero a súa estrutura foi modificada e estes enterramentos foron cubertos por terra ata formar verdadeiras montañas artificiais, ao longo dos séculos, e crecendo de tamaño ata se chegar a converter en cámaras funerarias nas que repousaban tanto o guerreiro morto coma as súas armas e as súas principais pertenzas.

 En ocasións albergaban o enterramento de numerosos individuos. A aparición dos túmulos está habitualmente relacionada cunha forma de reivindicación de dereitos sobre as terras nas que se situaban.
 Canto menos visibles dende o lonxe eran os asentamentos, máis visibles facíanse os túmulos, a xeito de indicadores de que o territorio estaba ocupado.




Pero tamén ten restos históricos, como o romano Miliario de Magencio abrigado en forma de columna nun terreo da familia Osorio Galos, e que agora se encontra no Museo de Pontevedra.
En 1955 publícase como procedente da parroquia de Cerponzons o descubrimento da peza, é de granito claro de gran grosor, na parte superior mostra un burato circular que hai que relacionar cunha posible reutilización. Presenta mutilado o Sector da base, a inscrición non está completa, fáltalle a 1ª linea e a letra mostra diferentes tamaños. O texto vén a dicir: " Dedicado ao noso señor Magno Magencio pío, feliz, augusto, nacido para o ben da república".Esta peza está datada entre o 350 ao 353 dc.Debido ao lugar de aparición debería corresponderse coa milla 93 dende Lugo.







El primer documento escrito que menciona Cerponzons es del año 1.019 en cuya referencia indica un pueblo ya conocido desde antígüo, es imposible precisar más pero se puede concluir que en el siglo IX, ya existía aquí una iglesia , con seguridad más pequeña que la actual.  


As imaxes que aquí vos mostro pertencen a un achado casual que un veciño encontrou e que ata hai pouco non sabía que pode encerrar o segredo do porqué o meu pobo chámase Cerponzóns.

O relato do seu achado está recollido nun blog que publica Carlos Solla, escritor e etnógrafo galego natural de Pontevedra, e profesor de lingua e história. Segundo o que narra no seu blog,un coñecido do, sabendo que era interesado nas pedra a historia... invitoulle a que vise unha gran pedra que tiña no seu xardín, encontrouna cando había ancheado a entrada da súa casa, e, tallara unha cara pero a outra conservábase intacta cun debuxo que xa tiña e cando a encontrou. Cando Carlos Solla a tubo diante do, non daba crédito, era unha "pedrafita", que segundo estima na súa orixe debeu ter preto de 3 metros de alto, 1,50 de ancho e 80 cm de fondo. O gravado que se aprecia é unha colosal serpe que percorre a rocha de arriba ata abaixo, a cabeza redondeada do réptil quedou cuberta por unha pedra de apoio, Carlos Solla decidiu bautizala co nome de "pedrafita do monte Curuto", así é como se denomina a parte de monte de Cerponzons onde fué achada.

O gravado axudaría a explicar o topónimo de Cerponzons, antigamente SERPENTIONES, non como un lugar enchido de cobras,sinó caracterizado pola Presenza de pétreos serpentiformes. O achado localízase a escasos mil metros do cume do monte Curuto, onde Carlos Solla recolleu testemuño de dúas minas, unha de ouro e outra de berilio.







 



No ano 1988, faise un estudo sobre ás mámoas que hai na nosa contorna, aquí enséñovos os datos que fun recollendo ate ou momento.





MÁMOAS CHANS 1,2 e 3

IDENTIFICACIÓN: GA 36038012

COORDENADAS: 531-4703- Lat.422822- Long 83736

CARTOGRAFÍA: 1-20000018513

Nº DE PLANO: 185-13

ALTITUD:200 MTS.




ACCESO:
Ctra. N550 Pontevedra - Santiago, coller a saída de Pontevedra, ctra 223 Pontevedra- Campolameiro, desvío a Berducido, en Berducido coller a pista asfaltada a izquierda que pasa por diante da iglesia, e seguir en sentido ascendente, nas últimas casas continuar por a pista que conduce ó depósito da auga de Berducido, diante da que hai unha explanada do campo de futbol, chégase a unha pista de motocros onde se ubican as mámoas.

MÁMOA Nº 1

A 50 mts. a w da pista de acceso ó lado dun muro de pedra que separa as pistas de motocros de un pinar.
Presenta violación central, antiguo trazado da pista autocros, pasaba porriba sentido E-W.
MÁMOA Nº 2

 70 mts.ó sur da nº1
Violación central, antiguo trazado da pista autocros pasaba por encima sentido NW-SE, camiño no S que afectou na caída do túmulo.

MÁMOA Nº3

A 34 mts.ó W da nº1 se situaría a nº3.
Destruida.


ADSCRIPCIÓN CULTURAL

Epoca: Neolítico
Tipo: Túmulo megalítico
Emplazamento: Penillanura en cima
Entorno: Bosque repoboado de pino e eucalipto.
Vexetación: toxo


DESCRIPCIÓN

Nº1
Mámoa moi alterada por a pista de motocros, excepto por a parte N. onde se obserba algo de violación central con posible presencia de algúns los ortostatos, no resto do túmulo e por o uso da pista obserbanse restos da sua coraza.

Nº2
Mámoa có exe maior E-W que mide 13 mts, e o exe menor N-S 12 mts, a altura máxima do túmulo alcanza no S-E 1,20 mts.presenta algunha pedra de mediano tamaño no seu túmulo.

Nº3
Destruída posiblemente por os traballos de explanación da zona, obsérbase un oco que probablemente corresponda a violación habendo sido arrasado totalmente o seu túmulo.

Moi posiblemente existiron mais mámoas neste "Chan", que con toda seguridade foron destruidas por as pistas de motocros.
A mámoa nº1 estaba intacta en Decembro de 1986, e na actualidade gran parte dela está ocupada pola citada pista.
A mámoa nº2 Conserva a pegada do antiguo trazado da pista e a nº3 foi destruida por ese motivo.

MÁMOA PERDIDA

(documentación do ano 1992)

GA 36038048

COORDENADAS:
X:530.030
Y:4.704.020

Trátase dunha mámoa de pequenas dimensións situada no lado norte de un collado que se conforma na cima de un pequeno monte.
Toda a zona que a rodea encóntrase adicada a bosque de repoboación o que afectou ó túmulo, na actualidade presenta uns 40 cm de altura e parece revolto por as labouras forestais, e probable que nas inmediacións encóntrense outros túmulos, pero a espesa vexetación que cubre a zona impide visivilizar algún outro.

O cono de violación e inapreciable porbablemente encóntrese colmatado po os revolcóns das labouras forestais.






NA ACTUALIDADE.







 AGRO DE DEUS (Necrópole romana)

(Estudo feito: 03/2011)


LUGAR: O Castrado
COORDENADAS: UTM
X:528.832.439
Y:4.703.661.172

ACCESO:
Dende Pontevedra coller a Ctra.531 dirección Vilagarcia, a altura de Alba despois de Patatas Vicente, coller o 1º desvio a man dereita, pasar por a liña de ferrocarril e atoparemos o Camiño Portugués, coller a dereita e seguir todo recto uns 100mts.

CARACTERÍSTICAS:
Terraza de cultivo
Entorno: Prado.
Alteración: Muro de contención das obras do AVE

DESCRIPCIÓN:
A mostra de cultura material noble rexistrada está composta por 3168 rexistros, dentro deste conxunto de material hai 2877 fragmentos cerámicos, 84 fragmentos de ferro, 23 fragmentos de material lítico, 1 moeda, 3 fragmentos de oso, 1 fragmento de plástico, 165 fragmentos de vidrio, e 3 fragmentos de bronce, en conxunto podemos definir esta colección como unha mostra de cerámica tardorromana que se move entre os séculos IV E VII, caracterizada por a presencia de Terra Siglata africana tardía, cerámica común tardia, e cerámicas de producción local, este conxunto aparece sempre asociado a pezas de vidro acampanaludas dos séculos IV dc e VII dc.

(Lugar actual do depósito : Museo de Pontevedra).

Zona oeste: Plataforma de inundación do río Gándara onde se situa un nivel de canto e cascallos endurecidos que nos facia pensar nunha antígua via e tamén onde se lacalizaban as extructuras alleas a necrópole propiamente dita, e cun rango cronolóxico maior como un muro de grandes bloques de granito orientado N-S que poderia ter unha función de contención fronte ó rio, así como restos dun empedrado.
Zona Norte:
Con foxas redondas de incineración, de diferentes tamaños e características tamen presentes 4 foxas alongadas posiblemente de inhumación.
Zona Sur:
Presencia de foxas de inhumación con rasgos e orientación diversas e algunhas foxas de incineración.



Planos de situación, y foto aérea.










Tamén encontrei no museo de Pontevedra :
Título: Petroglifos de Lérez y Cerponzóns
 nº de inventario: 001739-A
Designación: Debuxo
Autor: Enrique Campo Sobrino (1890-1911)
Ingreso: Doazón. Hnos San Pedro Mon
Técnica: Debuxo lapiz

No texto que acompaña, pon que o de S. Vicente de Cerponzóns está situado no lugar de Meán.





Pero tamén ten restos históricos, como o romano Miliario de Magencio abrigado en forma de columna nun terreo da familia Osorio Galos, e que agora se encontra no Museo de Pontevedra.




 En 1955 publícase como procedente da parroquia de Cerponzons o descubrimento da peza, é de granito claro de gran grosor, na parte superior mostra un burato circular que hai que relacionar cunha posible reutilización. Presenta mutilado o Sector da base, a inscrición non está completa, fáltalle a 1ª linea e a letra mostra diferentes tamaños.

 O texto vén a dicir: " Dedicado ao noso señor Magno Magencio pío, feliz, augusto, nacido para o ben da res pública(via pública)".

Esta peza está datada entre o 350 ao 353 dc.Debido ao lugar de aparición debería corresponderse coa milla 93 dende Lugo.



 Miliario de Magencio, custodiado en el Museo de Pontevedra.
                                  Busto de Magencio




 Descoñécese a data de nacemento exacta de Magencio, pero probablemente naceu arredor do ano 278. Era fillo de Maximiano que chegou a ser emperador máis tarde, e da súa esposa Eutropia.

Cando o seu pai chegou a emperador no 285, se lle tiña por herdeiro e parece que non chegou a servir en ningún posto militar nin administrativo de importancia durante o reinado de Diocleciano e do seu pai. Casouse con Valeria Maximila (aínda que tampouco se coñece a data exacta), a filla de Galerio e tivo dous fillos, un chamado Valerio Rómulo (c. 295 -309) e o outro descoñecido.

No 305, Diocleciano e Maximiano renunciaron ao trono e os césares Constancio I (Cloro) e Galerio convertéronse en augustos. Aínda Que ambos os dous Constantino I e Majencio eran fillos de emperadores, ambos os dous foron exentos do novo colexio imperial e designouse a Severo II e Maximino Daya como césares. Algunhas fontes (Lactancio, Epitome) declaran que Galerio odiaba tanto a Majencio que usou a súa influencia con Diocleciano para que este o excluíse da sucesión imperial; é posible que Diocleciano tamén pensase que Majencio non estaba preparado para o oficio imperial nin para as obrigas militares. Majencio retirouse a unha mansión nos arredores de Roma.

Coa morte de Constancio no 306, o seu fillo Constantino I foi declarado emperador o 25 de xullo e aceptado como césar do colexio imperial de Galerio, o cal serviu como precedente para que Majencio ascendese ao trono o mesmo ano.
Moedas da época de Magencio.



HISTORIA DO MILIARIO DE CERPONZONS 
A día 18 de Febreiro do 2020 o Miliario de Magnencio volve a parroquia, grazas a colaboración da Exc. Deputacion de Pontevedra, que nos concedeu un Miliario a semellanza do que fai 1650 anos habíase instalado na nosa parroquia.

(Fonte: https://roquecerponzons.wordpress.com/category/miliario-de-magencio-a-via-xix/)



Como xa vos dixen nalgunha outra entrada, e asombroso ás historias que ocultan vos nos vos montes, ás nosas terras, ou longo dous séculos.


E ainda mais, podemos concluir que a nosa parroquia, Cerponzóns, leva sendo habitada dende a época do neolítico, e decir a nosa historia remóntase a idade de pedra polo menos....ASOMBROSO. 

OUTRAS CURIOSIDADES

Nos paseos por nosos montes, chamoume a atención un bloque moi grande de pedra, ó preguntar os nosos veciños mais maiores, que son un pozo de sabiduría, contáronme que este afloramento natural, era coñecido como"a casa lo lobo", antiguamente cando a xente traballaba o monte, e había tormenta, os que por alí andaban, refuxiábanse nesta coviña.





Esta e a cova.

...Pero a rocha e moitísimo mais grande


Puiden ver esta marca, non sei si é natural ou feita pola man do home, as veces parece un 1, outras unha cruz, ou unha T invertida, eso xa queda para os expertos, non sei si terá algún significado ou non.

1 comentario:

  1. Muchas gracias por compartir tus investigaciones. Excelente trabajo!!! Conocer las historias que esconde la geografía de Cerponzóns, nos ayuda a amarlo más y mejor!!!

    ResponderEliminar