sábado, 28 de junio de 2014

ALFOMBRAS FLORAIS DE CERPONZÓNS 2014


Un ano mais, seguimos coa tradición na nosa parroquia, das alfombras florais de corpus, feitas por os veciños e voluntarios, que se van achegando a participar na sua elaboración según a tradición.

Como xa vos contei o ano anterior, no que se cumpliron 31 anos ininterrumpidos, estes tapices que aquí se elaboran, levan moitísimo traballo, no momento de iniciar esta entrada estamos en abril, e faltan meses para o gran dia, que esperemos que salga como o do ano pasado sin chuvia.

Irei facendo resumos o longo deste tempo ate o gran día.

A POR O ANO 32....

Como sabedes os seguidores de este blog, estas alfombras levan moita elaboración, aquí non hai sal tinxida, nin axudas das institucións, están feitas coa dedicación dos nosos veciños, coas cores das flores que crecen na parroquia, por eso o colorido vai cambiando cada ano, según esté a floración.

Os deseños tamén varían cada ano, adaptándose un pouco ó que haxa recollido.

Os voluntarios xa comenzan a preparar o pampullo para que seque con tempo.



Pampullo, escoller centos e centos de flores, son tan pequenas que o traballo dun día apenas rinde.

Ademais, outro grupo vai preparando as follas de eucalipto, e camelio, hai que separalas para que a máquina de triturar poida facer ben o seu traballo.








E aquí temos a encargada de triturar, todos o anos, gustaríame destacar a sua grande labor ano tras ano, e un traballo moi engorroso, ruído, moito polvo,  nunca se queixa, dende aquí meu pequeno omaxe.



 O equipo pintor (dirixidos por o noso párroco,que é o que fai os patróns cada ano), que van facendo as marcas para que quede todo no seu sitio.







Outro día de traballo, mais achéganse veciños e voluntarios a traballar na preparación das alfombras florais de este ano...











...Pero non só se traballa na Casa do Pobo, inda que pareza que falta moito, o tempo apremia, ó secar as flores quedan en nada así que fai falta moito material...

De modo que, os nosos veciños, en canto teñen un ratiño....



 ZASSS!!! DALLE QUE DALLE O PAMPULLO...


Outro ratiño na casa dándolle ó pampullo...



Outro domingo de traballo...

















Mostra do  resultado de moer o carozo vermello

Mostra das follas moidas




Outro día de xuntanza...se sigue traballando no pampullo, fai falta moito, encolle e queda en nada.

(11 de maio)















Hoxe rematouse có material que había de pampullo, está boa tarde,   todos os que están alí, deciden sair ó monte para ir buscando novas especies que den cor as nosas alfombras.

Non pensedes que somentes hai pampullo, pero ó secar encolle tanto que fai falta moita cantidade.

Xa se está a empezar a buscar outras cores.




















Da gusto camiñar polos nosos montes...


.18 de maio.

 Cada vez quedan menos días, hoxe tocou, empezar a peneirar, parte do que había moído xa, como folla de eucalipto, e camelio.





E un traballo moi engorroso, as que lle tocou esa laboura,saíron co polvo do peneirado ate as ourellas...



E despois a metelo en caixas para almacenar esperando o seu momento.







Vísperas do gran día, xa non queda tempo, os últimos traballos, hoxe tocan as flores frescas, non se poden preparar antes porque mustiarian e perderían esa cor tan vistosa.





O tempo xa non da para mais, todo está nas caixas...



                                       Reconto de material...


Toca recoller, e como vedes son meticulosas ten que entrar todo...





Unha instantanea para o recordo ,faltan mais veciños, como xa vos imaxinades ó facer un percorrido por as fotos que estou a poñer, pero escapáronseme...





Xa chegou o día...

29 de xuño de 2014.


Todo decorado, como sempre, Maite e Milagros, estrullando o maxín para que todo esté perfecto...


Aquí as temos facendo os arranxos da iglesia.




















As seis da madrugarda chegan os veciños que se encargan de montar as alfombras...












Xa amaneceu, parece que o tempo volta a esta da nosa parte, non fai demasiada calor, o vento está en calma, todo perfecto.

 As horas pasaron moi rápido, hai que ir rematando, para ir a poñerse guapos e guapas e voltar a disfrutar do día.

E, por fin, podemos disfrutar un ano mais das cores das nosas alfombras feitas co que produce a terra da nosa parroquia.





DE CERCA




























EN CONXUNTO                                                                                           






















































A BANDA CHEGOU A TEMPO, ESTE ANO FOI A DE BARRO.




Unha vez rematada a misa, saíu a procesión.











Non se me esquece o coro da parroquia, que durante semanas prepara as cancións que cantan en este día.



A Don Manuel que como sempre fai que a misa sexa amena para estes pequenos rapaces que precisamente en este día seguro que están un pouquiño inquietos.






E aquí acaba por este ano a aventura das alfombras de corpus en Cerponzóns, felicidades a todos, os que durante meses prepararon o material, os que madrugaron para que todo lucira da mellor forma, a Don Manuel, poñendo orden de cando en vez, a Marité e Milagros, que ano tras ano diseñan a decoración da nosa iglesia, o coro coas súas interpretacións, e os nosos visitantes que pasen un bo día de festa, e que volvan cando gusten a visitarnos, serán benvidos.

ATE O ANO QUE VEN.



























1 comentario: