domingo, 28 de julio de 2013

VAGA DE LUMES EN CERPONZONS

Agora que comeza o mes de agosto, como cada vez dende o ano 2006, lembro eu, e penso que case todos os veciños, da vaga de lume que nos asolou.

Non quero aquí facer ninguha reivindicación nin nada que se lle pareza, pero sí penso que temos que manter na nosa memoria o que pasou, para que no posible poidamos entre todos acadar que non volte a acontecer semellante traxedia. Forma parte da nosa pequena gran historia.


-Declaraciones de Ramón Iglesias, presidente da comunidade de montes nese momento.
"El fuego empezó el pasado martes a las 15.00 h , estuve toda la tarde llamando y no vino nadie hasta que sobre las 21.00h, le dije a la telefonista que el fuego estaba a 100 metros de la gasolinera, entonces vino un hidroavión, hizo dos o tres viajes y se fue", esta vez fueron los vecinos los que lucharon contra las llamas, sin apenas medios y sin contar con la ayuda de las brigadas de la Xunta, lo que hizo que el fuego se extendiera por las pendientes en pocas horas.La desorganización hizo que las medidas se volvieran en su contra.
En Cerponzóns ardieron los montes comunales, un total de 325 hectáreas casi todo ocupado por pinos.
(fuente: Faro de Vigo de 13 de Agosto de 2006)

- 5º día, la capital sigue a merced del viento y cercada por los incendios que se vieron en todas las parroquias, la situación en Cerponzóns se volvió complicada, el humo obligó a que se diese la orden de desalojar el núcleo de Meán y llego a envolver una vivienda, las personas discapacitadas fueron evacuadas en ambulancia. El corte de la N550 se prolongó durante más de 4 horas.
(fuente: La Voz de Galicia).


Comezaba o mes de Agosto de 2006, levaba uns días facendo moita calor e o vento non paraba, a vexetación  estaba moi seca, os medios de comunicación informaban de incendios ao longo de toda Galícia, "ardía por os catro costados".
 

 

Na imaxe por satélite podemos ver o fume claramente en Galicia, víase a kilómetros de distancia.



 Cada vez que saíamos fora da casa o primeiro era mirar ao rededor, se todo estaba ben, o cheiro a cinza escomenzábase a notar. Xa se vía ó lume ao lonxe, Campañó, Portela, Poio..., o martes sobre as 15.00 h. comezou a nosa traxedia, as charamuscas que levaban dias flotando no aire prenderon e no tempo de petañexar todo estallou, ardía preto das casas chamábamos a emerxencias, primeiro viñan os policias municipais para poder guiar a os bombeiros que por mor desta vaga tan terrible xa viñan de toda España e algúns países europeos . Pero inda así os bombeiros tardaban en vir, cando viñan o descontrol era grande, non se sabía onde atender. A estrada nacional que pasa pola nosa parroquia foi cortada.

Chegou a noite e foi mais terrible, os que conseguimos apagar o lume pegado as nosas casas quedamos vixiando por si voltaba a prender, mentres, o cheiro era arrepiante, xa non se sentían o ruído dos coches que fan ao pasar pola estrada, só teño grabado na miña mente o silencio roto polas sirenas da guardia civil, bombeiros..., e cando se facía un silencio, so choros desesperados, os berros, uns berros desgarrados de desesperación pedindo axuda, nunca vivín unha guerra por sorte pero neses momentos de espera na oscuridade iluminada só po la luz que xurdía das chamas que nos rodeaban, pensei que debía ser algo moi parecido, sen poder escapar, atrapada e con moito medo, e os veciños, que eran pequenas milicias que de repente saían de debaixo das pedras, e aparecían casi en formación todos a un, co que tiñan a man, fouciños, legóns, cubos, os que tiñan cisternas enchíanas de  agua  para axudar a os que estaban en perigro. Case sin palabras, cando o lume estaba un pouco contido uns quedaban e outros seguian ao próximo.

Durante varios días todos estábamos expectantes con cansancio e sobre todo medo, terror a que todo comezase outra vez, os nenos durante moito tempo estiveron aterrados, incluso agora cando hay un cheiro de fogueira ves nos seus ollos o medo.
 

 


















 

 

 
 

Todo pasou por sorte e o verde non tardou en asomar ao noso paisaxe, inda que para recuperar todo o arbolado falta tempo, con algunhas axudas económicas dos concellos e da xunta  e o traballo das comunidades de montes, entre elas a nosa, limpando, repoboando, facendo cortalumes...., as autoridades modificaron algunhas leis para intentar evitar no posible este perigo que nos acecha.

















Como decimos os galegos nunca choveu que non escampe, esto nos valerá para amar e protexer o que temos para que os nosos descendentes poidan disfrutar destos tesouros.

Penso que de todo, incluso do malo, hai cousas que aprender, persoalmente descubrín que temos uns montes maravillosos e foi impresionate levantar a vista todos os días cara a eles e amodiño íanse voltando mais verdes e frondosos como sempre foron e espero que sigan así outros cantos séculos mais.
Os veciños,todos a un, sin que houbera ninguén que os organizase, espontáneamente  co seu empeño en común, entre todos, libraron xuntos unha gran batalla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario