lunes, 1 de julio de 2013

XUNTANZA DOS VECIÑOS DE CERPONZONS 2013

Como xa mencionei na páxina de anuncios o 30 de Xuño, celebrouse outro ano máis a xuntanza de veciños promovida pola comunidade de montes da nosa parroquia.

Comenzou cunha misa na honra dos falecidos na parroquia, e deseguido, pasouse a carpa instalada para o evento, a cargo do "catering Senin".






 

As mesas preparadas para a chegada dos comensales.




 









Os veciños toman pouco a pouco posicións.


 



Mentres, o grupo musical "Géminis" prepárase para amenizar o xantar.

 
 
 
 
O polbo esta no seu punto para poder degustalo.
 
 




 

Ainda que faltaron moitos veciños xa fora por enfermidade, por estar lonxe ou por outro motivo calquera, asistiu unha considerable representación da nosa parroquia.
 
 A ver si vos atopades?
 








 



 




 


                                           A concelleira do rural que leva os asuntos de esta parroquia quixo acompañarnos neste día.










  

 




         Aquí vemos ao actual presidente da comunidade de montes de Cerponzóns.
Nesta mesa estaban entre os comensales
outro membro da directiva da comunidade de montes, e tamén outra compoñente da asociación cultural Chan do Monte.












 



 









 




 



 










 

Despois de dar boa conta do suculento menú que consistíu na degustación de empanadas galegas variadas, polbo a galega e carne ao caldeiro, doces variados como puding e bica entre outros, por último cafés e copas, algúns veciños animáronse a votar uns bailes, a pesares das altísimas temperaturas que tiñamos este día.
 
 
Cós primeiros compases ...
 
 


Os danzaríns tomaron posicións.


 









 



Algúns procuraban a sombra para danzar con menos sofoco.


Parece que a concelleira divertiuse cos veciños de Cerponzóns



 

 

 
 
 





 











 
 


 



 







Chegou o gaiteiro, cunhas pezas da nosa terra.






 



 






 
 


A mais valente que fixo un curso acelerado de gaita galega.









Para rematar un grupo fixo unha canción de despedida ate o vindeiro ano.


 
 
 
A pesares do calor avafante, pasárono ben, e os veciños xuntos botaron unhas parrafadas e unhas risas, que nos tempos en que vivimos, de cando en vez, estas xuntanzas fan que olvidemos os problemas por uns intres e, algo moi importante,  malia que ás veces parece que cada un de nós vai ao seu, nós , aquí, en Cerponzóns, ainda somos unha parroquia con veciños que se xuntan para festexar.Tanto estes pequenos aconteceres na vida da parroquia como outros que vou relatando noutras páxina de este blog, fai que nos demos de conta da vida que ten o noso lugar, e que nos sintamos orgullosos do sítio no que vivimos, e as cousas fermosas que nos rodean.
 
 
(Como sempre, vos recordo si tedes outras fotos que queirades colgar no blog, facermas chegar polo apartado de comentarios ou da forma que vexades convinte).

4 comentarios:

  1. O da comida esta ben pero.....hai outras necesidades mais importantes en que gastar os cartos do monte....

    ResponderEliminar
  2. k necesidades???
    os cartos da parroquia gastanse na parroquia, e facendo este tipo de xuntanza
    fomentase este tipo de xuntanza k si non e por montes cada un estaria na sua casa.

    Peroo kmo sempre a pesar de comer gratis sempre ten que haber que criticar

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Nn e criticar..E expoñer a miña opinion.Xa qur preguntas digochas eu....Podes ir ver as mesas que hai polo monte a ver se topas algunha....as que non roubaron nn se ven coa maleza que teñen...Ou se vas por liborei fijate como esta aquel lavadero cheo de maleza e excombro...E as pistas do monte?sacando asi as3 mais usadas as outras estan cheas de buratos da auga(a causa de nn limpar as cuneptas).e tamen cheas de maleza os lados.Que bueno estos dias esttuveron limpando algunhas.Outras prioridades tamen son pensa no futuro....Pensar que despois que desa directiva vira outra,outra xeracion e que ata dentro de 20 anos nn creo que haxa madeira pa vender....pero o monte habra que invertir nel igual.Igual que o equipo de futbol e asociacion cultural,que cando se acaben os cartos do monte viran tempos dificiles.Por eso hai que pensar ben no.que se gastan

      Eliminar
  3. Desde el Cerponzóns C.F. nos gustaría ponernos en contacto con los administradores de este blog. Pueden ponerse en contacto con nosotros a través de nuestra nueva web: http://www.cerponzonscf.com

    Gracias.
    Saludos.

    ResponderEliminar