miércoles, 1 de abril de 2015

ECONOMÍA O LONGO DA HISTORIA DE CERPONZÓNS.



ECONOMIA NO SÉCULO XVI


Primeiramente nesta entrada vou facer un listado das equivalencias das moedas, medidas..., coas que se traballaba na antiguedad.

SUPERFICIES:

FERRADO.............. 629 metros cuadrados.
CUNCA.................. 1/12 Ferrado= 52,40 metros cuadrados.
CUARTILLO.........  1/24 Ferrados=26,20 metros cuadrados.
FANEGA...............   4 Ferrados=2415 metros cuadrados aproximadamente.
CELEMIN.............    de 1 a 1,5 ferrados
VARA...................   1. 1/2 metros cuadrados.

MEDIDAS DE CAPACIDADE:

A) ARIDOS
FERRADOS: De maiz=16 Cuncas=20,8 litros
                       De centeno, mijo e trigo=12 cuncas=16,13 litros.

Cunca=1,3 litros
Celemin=de 1 a 1,5 ferrados
Fanega=4 ferrados

B)LIQUIDOS

Moyo=4 cañadas=129 litros
Cañado=16,13 litros
Pipa= de 2,5 a 4 moyos, a mais usada 3,5 moyos=450 litros

C)MONEDAS

O maravedí era a unidade de medida.










-1 Real de Vellón =34 maravedís.
-1 Ducado=8 Reales=375 Maravedís
-1 Real= 34 Maravedís
-1Blanca ou Real de Vellón=1/2 Maravedí



-1 Cuarto de Real=4 maravedíes




-1 Ochevo=8 Maravedíes.

A moneda española hacia o 1600:
- De oruo ............Ducado
- De prata...........Real










- De cobre, estaño, antimonio........... Blancas o de Vellón


Outra moeda era o Escudo, con valor semellante ao Ducado, o Ducado ou Real da oito pesaba 1 onza.

O PRECIO DAS COUSAS:

Exemplo do precio das cousas no ano 1580:

- Unha ración de viño....... 6 maravedíes.

- Dous panecillos.............. 8 maravedíes.

- 1 pan............................16 maravedíes.

- 1 vela...........................  4 maravedíes.

- 1 vara de pano de calidade..16 reales.

- 1 vara de pano de sayal......   2 reales.

- O salario de un peón..............2 reales diarios.


A inflacción galopante da época facía que estos precios puideran fluctuar en pouco tempo.


TRIBUTOS EN CERPONZÓNS NO SECULO XVI

LUCTUOSA; A mellor peza de gando que quedaba dunha persoa ó morrer, no ano 1575, esto podía supor en Cerponzóns, unos 250 mrg. (Berducido no lo pagaba).

MUSTRENCOS; Aproveitamento sobre os pastos e montes comúns. Cerponzóns  pagaba ó arzobispo (Berducido no).

YANTARES; Obriga  dos vasallos de alimentar ó SEÑOR cando este os visitaba. Solía ser 1 real por matrimonio (medio real as viudas).
(En Berducido se pagaba na Casa de Bermudez de Castro).

O XULGADO DE CEDOFEITA

No século  XVI, comprendía os territorios de Alba, Lerez, El Burgo, Campañó, Cerponzóns, Berducido y S. Andrés de Geve. Coincidindo exactamente con todo o municipìo de Pontevedra situado ó Norte del río Lerez.

Este xulgado será absorbido no 1785 poro de  Pontevedra.

No  1575 "Casa de Bermudez de Castro" pasa a xurisdicción acumulativa das parroquias de Geve, y Berducido, esta xurisdicción non impide a titularidade, pero goza de certos privilexios.

No século XVI o xulgado de Cedofeita ten un escriban.


Casa dos Bermudez de Castro.
                                                                            






Neste apartado vou incluír toda a información que puiden conseguir, xa sabemos que antíguamente había poucos rexistros que reflectían a sociedade das diferentes épocas, a mellor información estaba nos rexistros relixiosos que chegaron ata nós en aceptables condicións, algúns documentos históricos manuscritos que nos relatan como se vivía noutros séculos, polo que moitos dos datos que nos chegan gíran en torno á vídarelacionada coa igrexa onde os párrocos adoitaban anotar toda a vida dunha parroquia.

Por iso moita da información que nos chega ten relación cos costumes relixiosos, formaba parte dos habitantes os seus costumes...



O COSTE DA VIDA

O obxecto deste apartado é  mostrar a evolución de prezos xornais gastos...

Rendimentos da cuarta en vacante

A do rector Francos importó 1000 reales.
A do rector licenciado Ximenez foi de 50 ducados, uns 550 reais.
Esto refírese ós anos 1637-46, os cartos son para repartir entre as duas parroquiassendo a cuarta parte ds rentas do beneficio, non cabe duda que e boa situación do párroco, pero non se pode calcular con mais detalle ó non conocer outros posibles ingresos.

1715; O precio do ferrado de centeno e de 4 1/4 reales=1 ferrado=15,58 litros
          O gaiteiro que toca na festa cobra 8 reales.
          O maestro carpinteiroten un xornal de 2 1/2 reales
1727; Dous castaños costan 12 realis cada uno.

1746; A cuarta vacante rende 643 reais para Cerponzóns.
1754; Pagamento ao gaiteiro pola festa e a súa véspera 4 reais.
1756;La cuarto vacante do párroco Rega produciu 1445 reais.
1758; O libro novo de Casados custou 8 reais
          O xornal dun canteiro é de 3 reais diarios
          Os ferrados, tanto de maiz como de centeo costa 4 reais
1760; A comida dos oficiais que montan o retablo de S.AntonioAbade costa 1,6  reais por                   día.
         O xornal dunha costureira que cose roupas da igrexa é de pouco mais de 1/2 real                      diario.
         Un albanel que reteza a igrexa cobra un xornal de 2 1/2 reais ao día.
1781; A vacante do reitor Carreira rendeu 1880 reais só paraCerponzóns
          O ferrado de maiz ou de centeo subiu 8 reais.
1794; A vacante do reitor Martinez rende 2108 reais.
1831; A vacante rende 490 reais.
1853; O millo está a 10 reais o ferrado.
1854; O xornal dun albanel é de 4 reais.
1856; Diversas obras, os xornais están entre 6 e 8 reais segundo os oficios.
1862;El sancristán cobra 160 reais ao ano, pero non se explican as súas obrigas.
1868;Se dinos que un peón gaña 4 reais e un oficial albanel 8 reais.
1700;El estipendio da misa é de 2 reais.
1775;Los lumes custan 4 reais a ducia gástanse 5 ducias.
1791;El estipendio da misa é de 4 reais.
1860;El estipendio da misa é de 5 reais.
1646; 1 moyo(129 litros) de viño costa 53 reais.
1650;Una vaca custa 9 ducados(99 reais)
1652; 1 cañado(32,25 litros) de viño costa 19 reais.
1656; 1 ferrado de trigo vale 4 1/2 reales=15,58 litros
1660;El trigo está a 7 reais o ferrado
         2 vacas valen 166 reais
         1cañado de viño costa 24 reais
1669;Por 56 reais compran 4000 sardinas(a 71 sardiñas o real)
1691; 1 vaca vale 82 reais
          1 boi 143 reais
1795;Transportar dende Viascón(dos leguas de distancia), seis táboas de castaño           para            as portas da igrexa costa 18 reais.
1806;Se paga 1 peseta(4 reais), polo sermón da festa.
1807;Estipendio da misa 4 reais.
1860;Estipendio da misa 5 reais.




CONCLUSIÓN

1-O estipendio da misa vai dende os 2 reais ata 5 en 1860, segue unha evolución similar ao do xornal dun obreiro cualificado, o que non se sabe é se o traballo era habitual e se os sacerdotes tiñan estipendio de modo habitual.

2.En 1760 a comida "obreira" custa pouco máis de 1 real e medio,aproximandamente a metade do seu xornal, isto non significa que a comida caseira tivese o mesmo custo, non obstante o xornal dunha costureira é de medio real diario.

3.No é cuestión de establecer a evolución dos prezos de certos alimentos, os datos son fragmentarios e os produtos non constan fosen vendidos sempre correctamente, en todo caso, certa relación entre os salarios de cada época e o prezo dos alimentos.



Entre 1656 e 1660, o ferrado de trigo oscila entre 4 1/4 e 7 reais, en 1715 os ferrados de centeo ou millo está a 4 1/4 reais, en 1758 están a 4 reais e en 1853 a 10 reais., destácanse dous datos, que en boa parte do S.XVIII, o prezo do pan permanece estable, e que a comparación entre estes prezos e os salarios son equivalentes ata fins do S.XIX.
Na segunda metade do S.XVII, hai certos prezos curiosos:
.1 real=71 sardiñas
.90 reales= 1 vaca
.143 reales= 1 boi
.53 reales=1 moyo de viño
.19 a 24 reales= 1 cañado de viño.




ECONOMIA REFERENTE AOS GASTOS DA IGREXA

1623- Os primeiros datos fannos ver unha parroquia pobre, a fábrica ten unha renda de pouco máis de 2 ferrados de pan, que serían de 8 a 10 reais, o visitador, en vista da situación, doa unhacasulla.No cóbranse as albas dos bautizos.La parroquia ten 30 veciños.

1650- A parroquia sobe a 50 vecinos.Las vacantes dos reitores Francos e Ximenez 1550 reais para as dúas parroquias. Poden comprar crismeras, casula, alba, misal, frontal,vinagreras, atril...

1676- Hai 60 feligreses.Parece que continúa a melloría.

1692- O inventario mostra que a igrexa ten todo o necesario para o culto, pero sen nada superfluo, carece, por exemplo, de botafumeiro, naveta, custodia e palio. Os ornamentos son osextrictos, sen dalmáticas nin roupas de festa. É unha igrexa mais ben pobre que folgada.
Inventario: 2 calices, 1 cruz de prata grande, crismeras de prata, relicario de prata para o viatico, 5 casulas, 6 albas, 4 cíngulos, 3 misais, 2 manuais, 6 frontais, 3 candeeiros, 2 campaíñas, 2 vinagreras,1 cruz pequena de altar, 1 caldeiro para a auga bendita, 1 cruz grande de bronce.

Os ingresos ordinarios están en torno a 385 reais, que se analizan así:
. Dereitos de supultura: 260 reales(67,5%)
. Aranceis dos bautizos: 65 reales(16,9%)
. Esmola ordinaria: 30 reales(7,8%)
.Ganado:30 reales(7,8%).
Os aranceis suman o 85% dos ingresos.

Os gastos ordinarios céntranse sobre todo no culto e en pequenas reparacións.
Gastos en torno a 430 reais: Cera: 170 reales(39,5%)
Albas, sobrepelices e o seu lavado :170 reales(39,5%)
Hostias: 40 reales(9,3%)
Retejar e reparacións: 58 reales(13,5%)
A economía, polo tanto, era de mera subsistencia con ingresos sobre todo indirectos (aranceis) e gastos fixos e case inamovibles. É de notar que a antígua rende polo gando apenas ten xa importancia.



SÉCULO XVIII

En 1710 aparecen 3 novos ornatos, aínda que son comúns ás dúas parroquias:


Incensanrio, naveta de prata, (ilexible) de prata sen pé e palio de damasco, non hai datos sobre a súa adquisición (o certo é que xa debe de haber procesión do Corpus, se a había antes era sen custodia e sen palio)

En 1715 sabemos que hai campá, pois se arranxa por 62 reais,tambien faise a festa do patrón (podemos presumir de que na nosa parroquia se celebra a festa do patrón dende polo menos o século XVIII).


A igrexa retéllase de modo habitual todos os anos, o normal é un gasto de 6 reais, en 1716, mándase fallar a igrexa, é probable que estivese a tella va.

En 1750: O sistema económico ordinario segue sendo o mesmo, hai uns ingresos duns 300 reais (menos que 60 anos antes), os bautismos renden de 20 a 30 reais, os dereitos de sepultura de 130 a 150 reais. A vacante produciu en 1646, 643 reais, a novidade é que as obras extraordinarias conseguen o apoio dos fondos das confrarías (as confrarías que houbo en Cerponzóns será outro tema a tratar neste blog.).


A vacante do párroco Rega rende 1445 reais, en 1781 a vacante do reitor Carreira dió 1880 reales(otro tanto fué para Berducido), investíronse en ornamentos.
A vacante do reitor Martine, en 1794 produciu 2108 reais, tamén empregouse en ornamentos.

En resumo: A economía extrictamente parroquial mantense baixo mínimos e mesmo decae. As melloras que son moi evidentes baséanse en tres fontes: as obras pagadas por algúns párrocos, o diñeiro procedente da cuarta vacante e a achega das Confrarías. É posible que haxa tambien achegas especiais dos fregueses para algunha obra, pero non hai constacia expresa nos libros parroquiais, o que non aparece nunca é a contribución económica do patrón do benenficio, nin de ningún outro benfeitor particular.

  





SIGLO XIX
1830; Os ingresos siguen en torno a 300-400 reais, apenas danmaisque para cera e aceite, os ingresos por vacantebaixan, no  1831 rentan sólo 490 reais.

No informe tras o roubo do ano 1832, dise que tanto a fábrica coma as Confrarías carecen de recursos e que os veciños son pobres.

1853; Os ingresos son de 256 reais, 234 proceden de rendas de terreos da igrexa e 22 reais de arancel polos bautizos, e non son os aranceis a base da economía, seguramente ao non se enterrar na igrexa se cobran dereitos de sepultura.

1854; Hai un cambio no sistema económico; deixan de percibirse ingresos pola renda dos terreos e recíbense 900 reais para o culto como achega do Estado.

1856; Dende esta data a fábrica está permanentemente en débeda co cura nuns 300 reais, en 1888 a débeda é de 2587 reais.

1900; O estado achega 650 reais a cada parroquia, os ingresos por aranceis non alcanzan a 200 reais, os gastos son os ordinarios do culto, algunha compra de ornamentos e os habituais de retejar ecalear a igrexa.

Se se comparar os ingresos de mediados do S.XVII, co ano 1900, vemos que apenas hai diferenzas, e mesmo, poden ser inferionesao inicio do S.XX, como os prezos foron en aumento o empobrecemento da fábrica é inevitable.

Se se comparar os ingresos de mediados do S.XVII, co ano 1900, vemos que apenas hai diferenzas, e mesmo, poden ser inferionesao inicio do S.XX, como os prezos foron en aumento o empobrecemento da fábrica é inevitable.

A impresión xeral é que o financiamento da igrexa parroquial carecía dunha base estable e sólida, os ingresos fixos sexa por arancel ou por rendas sobre a terra son sempre moi escasos, pero tampouco son estables, pois non sempre se pagan os aranceis por bautizo ou os dereitos de sepultura.
Deste modo a parroquia só pode mellorar na súa economía apelando a recursos extraordinarios: fundacións dos párrocos, achegas das Confrarías, ingresos das vacantes...

De todos os xeitos queda sen explicación o modo en que se lograron acometer obras de maior envergadura como a construción ou ampliación do mesmo templo, se a cantería do a Capela de S.Antonio custou 1000 reais en 1760, unha época de bonanza económica e esixiu a achega dos aforros de todas as confrarías da fábrica, non parece que por exemplo, a construción da torre, puidese explicarse polo mesmo sistema.

Simplificando moito o que podemos concluír é que a economía parroquial apenas variou no período de 1600-2000, os ingresos ordinarios baseados na súa maior parte nos aranceis, supón un terzo do xornal anual dun obreiro. 
As pequenas oscilacións non fan variar esta proporcionalidade de modo significativo.
Con estes recurso mantense o esencial do culto, con máis ou menos apertos segundo as épocas pero nunca con gran folgura.
Calquera obra de certa importancia ten que realizarse apoiándose en recursos extraordinarios. A etapa máis florecente é a que vai dende o 1650 ata 1800, na que conflúen tres tipos de axudas, as da cuarta vacante, as das Confrarías e as do peculio persoal dos párrocos.



2 comentarios:

  1. Hola!! Esta informacion te la proporciono D.Manuel??en otro relato que tienes sobre la parroquia hablas de los lindes !!segun me comentaron....los que nos tocan con verducido seica no son los originales....podias tratar este tema??Gracias

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola, primero agradecer la atención prestada a este blog.
      Con referencia a tu pregunta, si, estas últimas publicaciones y cosas nuevas que van a salir han sido proporcionadas por D. Manuel que, a lo largo de los años ha hecho una interesante investigación con todos los documentos originales que posee de mucha antiguedad, y me parece una pena que no se den a conocer.Con referencia a lo que comentas sobre los lindes creo recordar que en la parte que menciona de linde con Berducido, entre paréntisis hay un comentario que dice que los datos son proporcionados por gente mayor de Berducido. Yo en estos momentos no te puedo aclarar más pero estoy segura que D.Manuel si, y nunca tiene inconveniente en proporcionar información a quien lo solicite.
      En alguna entrada del blog ya hago referencia a la aportación desinteresada del trabajo de D.Manuel, así como comento que si algunos de los que leeis mi trabajo quereis aportar cosas o corregirlas no lo dudeis. Este blog se nutre de la poca información que voy consiguiendo como puedo, me gustaría hacer más pero es poca la dedicación y dificil de encontrar documentación.No soy especialista en nada, solo una vecina que quiere dar a conocer su parroquia y dejar constacia de nuestra historia. Un saludo.

      Eliminar