martes, 3 de junio de 2014

SENDERISMO POR CERPONZÓNS.





Hoxe gustaríame comentar que a parroquia de Cerponzons, ten unha grande extensión de montes e paisaxes moi fermosas, e moi ben coidados polos que sen dúbida se pode practicar sendeirismo, recoméndoo aos apaixonados da fotografía de paisaxe, así como aos amantes da natureza en xeral.

Nos nosos montes destacan a súa vexetación que forma unha fermosa paleta cores cunhas senllas coidadas e doadas de percorrer.

As fotos que a continuación vou publicar é unha pequena parte do fermoso ámbito que rodea os veciños que vivimos aquí en Cerponzóns, a escasos kilómetros do centro da cidade de Pontevedra, á que pertencemos.


Nos nosos paseos, podemos ir camiñando a pé, en bici ou a cabalo, e gozar das vista...









































No noso paseo por un dos pulmóns de Pontevedra, en Cerponzóns, podemos admirar o marabilloso colorido que nos ofrece a natureza, así como a gran variedade de especies autóctonas que temos preto nosa.

























                                                                     











Aquí vai unha mostra da fermosa paisaxe que crece aos nosos arredores, en silencio, só amenizado polo son dos paxaros, e o cantar do río ao seu paso, e só a 10 minutos do centro do centro da cidade.
Non é un tesouro...?

















Os tres ríos que pasan pola nosa parroquia, móstranos aínda as súas augas cristalinas e protexidas da man do home. 





















Mais imaxes do río ao seu paso por cerponzóns, onde podemos observar tamén o típo de vexetación que crece nos seus arredores.

























Nas pozas naturais, os veciños de Cerponzóns, sobre todo de certa idade, recordan os veráns refrescándose nas tardes de verán.










Na ruta que trazamos por estes sendeiros encontrarémonos con restos do noso patrimonio que o monte garda e protexe no seu interior.

MUÍÑO "Os Pasales"





PASALES DE ONDE VEN O NOME DO MUIÑO.


MUIÑO DA RONS(Propiedad particular)

M.BALEA 




RESTOS DA PRESA DE UN MUIÑO





M. DO CASTRADO



M. DA GÁNDARA







                        UN DOS  PALOMARES QUE AINDA PODEMOS ADMIRAR



                                                             LAVADEIROS





 

Fonte para saciar O camiñante.  Sae dos manantiais naturales que atesouran os nosos montes.
           

Despois de dar un percorrido pola natureza e se ides con nenos, nos arredores da igrexa contamos cun pequeno parque infantil.

Parte da zona de xogos, o fondo vemos "a casa do pobo",antaño foi antigua escuela que alguns aún recordan con cariño.
                               

                                                                                                                                                      


No mismo parque, podemos gozar dunha magnífica sesta baixo a sombra das belas árbores que crecen en Cerponzóns, e calmar a sede na fonte situada no mesmo lugar que, aínda que non ten historia antiga, axuda a acrecentar a beleza do lugar. ( Creo que a devandita fonte foi construída coa achega económica da comunidade de montes deCerponzóns)

 Pozo situado en el mismo parque de recreo, desde se pueden localizar unas hermosas vistas . El agua que surte a las fuentes, tanto antiguas como las de mas actuales, proviene de los manantiales que nacen en nuestros montes.




Outra instantanea del mismo pozo





Otra parte del parque infantil.




 Ao lado do parque infantil, sitúase un pequeno parque biosaludable, para os que queiran manterse en forma.



Como podedes apreciar nas fotos temos unhas paraxes que invitan a que sexan visitados.


























No hay comentarios:

Publicar un comentario