Outra historia dos veciños de Cerponzóns:
Fai moitos, moitos anos, durante largo tempo, algunhas dás nosas avoas, nais..., tiñas outro xeito de xogar na súa infancia, contanme que había no monte na zona dá Hermida, unha laxe moi grande, que usaban de nenas, a modo de tobogán deslizándose sobre ela, usaban pequenas pedras redondeadas e planas para sentarse nelas e baixar por dita laxe, preguntando de onde viña o nome, inda que non se sabe certo, a opinión mais extendida era que o nome viña dunhas pequenas protuberancias que sobresaían de dita pedra, que parecían propiamente "espullas", (verrugas) tamén relatan divertidas as veciñas recordando a súa nenez, que a roupa adoitaba a quedar un pouco esnaquizada coa correspondente reprimenda ó chegar as súas casas.
Despois de bastante tempo camiñando o través do monte, polas pistas, adentrámonos nuha zona espesa, ei de contarvos que algunha picada levamos cos toxos, xa o esperábamos, estamos no monte, e lóxicamente ese é o habitat natural deste tipo de vexetación.
A nosa guia, Angelita, levounos direitos a laxe en cuestión. Teño que agradecerlle especialmente a sua disposición, para enseñarnos moitas cousas da nosa parroquia, que plasmando neste blog, espero que non queden esquecidas polo paso do tempo.
Vese nos seus ollos un resquicio de nostalxia recordando aqueles anos felices, onde a parte da escasez que habia, eran nenos felices que buscaban formas de divertirse co pouco que había.
Aquí tendes as fotos que puiden sacar, como veredes as fotos están sacadas por trozos, a laxe é impresionantemente grande, pero non houbo outra forma de sacalas instantaneas, espero que vos fagades unha idea.
Nesta parte que se ve ó fondo mais lisa e inclinada por ahí tirábanse. |
(Agradecementos as que me acompañaron esta vez: Marga, Merchi, Angelita, e Isabel)
No hay comentarios:
Publicar un comentario