viernes, 6 de junio de 2014

OS CURSOS NA PARROQUIA

Nesta entrada farei unha mención as actividades que se van facendo na parroquia, quedan atrás moitas que se celebraron, estes son algúns deles.

A asociación cultural organizau un curso de cestería no que participaron numerosos veciños, o curso foi de 30 horas, concedido pola Deputación de Pontevedra, incluído no programa "Pensa en tí", os participantes obtiron un Diploma que lles capacita o acceso a outro curso de perfeccionamento.



Aquí vai unha mostra dos traballos realizados.




(Fotografías cedidas por Nieves).


Como xa vos mencionei na entrada do blog onde poño todas as propostas de activades da parroquia, propuxo a asociación de montes un curso de internet para os sócios da parroquia, parece que tivo éxito, os veciños da parroquia non queren perder o tren das novas tecnoloxías, aquí móstrovos unhas fotos dos asistentes, como podedes ver están moi atentos, parece ser que son moi aplicados.              



























SORPRESA NAS CLASES DE INFORMÁTICA


No curso de informática temos sempre unha paradiña para descansar a vista e estas cousas, e hoxe houbo unha grata sorpresa no turno de martes e xoves, unha das alumnas estaba de cumpleanos, e agasallou ós compañeiros cun tentempé exquisto,feito por ela mesma, uns boliños con sésamo, con tortilla de patacas, acompañado de bebidas...¡ exquisitos e as horas que eran mais!.
                                                            Parabens a cumpleañeira.
A cumpleañeira que currou moito para chegar a hora, inda estaban quentiños.
¡¡¡ Menuda pinta que tiñan!!!


COMENZA O REPARTO...









todos deron boa conta da merenda....




REMATOU O CURSO DE INFORMÁTICA...

CENA DE "FIN DE CURSO" DOS MESTRES E ALUMNOS

Este pasado mes de maio remataron as clases de informática na parroquia, foi a escusa perfecta para que os que participaron en el xuntáranse un rato para parolar e pasalo ben, a xuntanza foi nun furancho de temos na parroquia, o "furancho da avoa", lugar moi acolledor.


Aquí tendes pequenos recunchos do lugar en cuestión.




















Un pouco de exercicio antes da cea....






E unha vez que chegaron todos os asistentes,foron tomando asento ...

























Coa boa cena e a animada charla fíxose de noite...

























Despois da cea, uns chistes, uns cánticos e así, sin darse conta pasou o tempo, e rematou a xuntanza, pasaron un rato divertido algúns veciños da parroquia.

Ate aquí o relato da cea de fin de curso de informática.


2 comentarios:

  1. Hemosos trabajos!!! Felicitaciones y a seguir perfeccionándose!!!

    ResponderEliminar
  2. El curso estuvo bien, pero lo mejor de todo fue la cena y la buena compañia, jaja

    ResponderEliminar