MEU POBO: CERPONZÓNS
Comenzo este blog, no que intento poñer en valor o lugar onde nacín e ó que pertenzo, que pouca xente coñece, a pesares de estar tan só 5 kilómetros do centro de Pontevedra. Espero que o visitedes e que descubrades os lugares e costumes que pouco a pouco vou descubrindo onde se amosa un paraxe fascinante.
Para os que queirades aportar datos ou fotos para seguir completando a historia da nosa parroquia:
cerponzonsblog@gmail.com
domingo, 23 de marzo de 2014
OS CRUCEIROS EN CERPONZÓNS
Ó longo da nosa parroquia, alzanse diferentes cruceiro, que forman parte da paisaxe destas terras, durante séculos permaneceron aquí entre nos, vendo pasar a vida dos que xunto a eles pasaron.
Vémolos tódolos dias, pero si prestamos atención e nos paramos a observalos, descubrimos a fermosa labor que fixeron os seus creadores, pensemos que teñen séculos de antigüedade e que na época, non habia maquinaria para tallar a pedra, martillo e cincel, e os detalles son impresionantes.
CRUCEIRO DE MEÁN
Detalle de uno de los "cruceiros " situado en Meán.
CRUCEIRO DA RONS
Outro cruceiro, este está situado ó carón da carretera nacional 550 na zona que todos conocen como "o xardín",o lado da ponte que atravesa o río Rons. (publicado no Libro de Oro de la provincia de Pontevedra): " Cruceiro de ánimas da ponte do río Rons, San Vicente de Cerponzóns (Pontevedra) Data de visita: 9 de marzo de 1995 pola tardiña. Situación: Atópase na beira esquerda da estrada que sae de Pontevedra cara a Santiago, un pouquiño antes da ponte que cruza o río Rons, en Cerponzóns (Pontevedra). Características: Cruceiro de fuste alto, que empeza sendo cadrado para volverse, a pouco, octogonal. Fincase sobre cubo que descansa sobre tres chanzos de pedra. O varal ten por riba do fornelo de santiños e amosa capitel sinxelo coa cabeza de catro anxos, un por cada lado. O cristo mira cara abaixo e ten a esquerda un San Franciso de xeonllos con Santo Graal nas mans. Polo reverso vai unha virxen de pé co neno Xesús no colo e dous anxos por riba que sosteñen a coroa. Retablo: presenta un retablo por a parte dianteira no que se ve un cristro cravado na cruz, asistido por San francisco e unha virxen á dereita. Oisto carece de peito,cabeza e brazos e o San Francisco de cabeza. Por debaixo aparecen nunha ringleira catro ánimas unha de elas rota."
Detalle do fuste.
PATRIMONIO GALEGO
Cruceiro de Rons
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Cerponzóns (San Vicente)
Lugar: A Balea
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro cunha cruz de brazos cilíndricos que amosa a Virxe Gloriosa coroada por dous anxos que se estenden ao longo dos brazos da cruz. Tres querubíns sérvenlle de peaña a Virxe. Polo reverso vemos un Cristo de labra tosca coa cabeza inclinada cara adiante e un santiño axeonllado a súa dereita sobre unha peaña que recolle o sangue que mana da ferida do costado.
O capitel é composto con volutas angulares e querubíns na parte central mais non hai caveira sobre tibias. Os motivos vexetais son substituídos por un patrón de formas xeométricas a base de pequenas bolas.
O varal é oitavado coa parte inferior de sección cadrada. Nesta sección, a superficie está moi erosionada pero semella que no seu día houbo algún tipo de labra. Na parte media do varal, pola parte frontal vemos dous santiños un a carón doutro case que en relevo, pero a superficie está moi erosionada polo que non fumos que recoñecer os seus atributos e interpretar a súa identidade.
O conxunto érguese sobre un baseamento de arestas redondeadas cun oco rectangular labrado na faceta superior pola parte frontal. Non se aprecian restos de epígrafes. A plataforma é de planta cadrada con tres chanzos.
Ano 1923
CRUCEIRO DA IGLESIA
Cruceiro no adro da iglesia de Cerponzóns, como xa relatei este sustitue a outro moi antigüo que según contan rompeu e desapareceu.
CRUCEIRO PARTICULAR FAMILIA PRADO
Unha lectora de este blog recordoume que na nosa parroquia, nunha casa particular temos outra mostra do patrimonio cultural que temos aquí. Trátase de un "cruceiro", situado no tellado dunha casa, na sua base, ten unhas escenas talladas parecidas as que se ven nos tradicionais petos de ánimas que podemos ver en muitos lugares de Galicia. Aquí tendes as imaxes, no son muy claras, xa que o desgaste e o musgo instalado na pedra có paso dos anos fixeron mella, (e aproximadamente do século XVIII ou mais atrás no tempo).
CRUZ NA RECTORAL
O que sigue está na casa rectoral, inda que non ten imaxe, e de destacar pola sua antiguedade.
CRUCEIRO DA COSTA
Na costa.
CRUCEIRO NA LINDE CON LEREZ
Cruceiro de Lerez, ó lado da Costa no límite con Cerponzóns.
O CRUCEIRO DE MOGOS
Para facer este traballo de documentación sobre a nosa parroquia, hai que recurrir a pequenas cousas que vou encontrando, e logo tirar do fìo, de este xeito, as veces, lendo un simple pleito de lindes ou un testamento antìguo, esquecidos pero esperando nos arquivos a que alguén os redescubra, atopamos agochados entre liñas datos que nos axudan a ir descubrindo cousas esquecidas ou que simplemente nos xa non coñecimos polo paso do tempo. Así, foi moi emocionante para min, encontrar estas actas do ano 1882, da Deputaciòn de Pontevedra onde se fala dun pleito dun veciño da parroquia, inda que e interesante o documento en si, o que mais me chamou a atención foi descubrir a mención a un cruceiro na nosa parroquia ó que lle dan o nome de "Cruceiro de Mogos". Toda a información que me consta no seguinte enlace de este blog. https://www.blogger.com/blogger.g?tab=rj&blogID=1533638931203050592#editor/target=post;postID=8118192598838463349;onPublishedMenu=allposts;onClosedMenu=allposts;postNum=1;src=link
CRUCEIRO DA CHANCIÑA
No lugar de Tilve fai anos existía un cruceiro que se situaba nunha corredoira donde se localizaba o Cruceiro que era coñocido polo nome de “O CRUCEIRO DA CHANCIÑA ” , lugar denominado a un pequeno monte que ali ainda existe.
Por esta corredoira que pasaba o carón do Cruceiro usabase para ir camiño da Bouza e do Caeiro e de paso para ir tamén a parroquia de Verducido .
Recollendo información dos veciños de mais edade deste lugar coméntanos que teñen recordos dos seus avós que lle falaban de cando eran as festas patronais de Verducido que por esta corredoira pasaban os homes da parroquia levando ao lombo ó órgano da Igrexa de Cerponzons para celebrar a festa do patrón de Verducido.
Tamén en este Cruceiro era donde chegada a procesión do Santísimo , tiñan por costume vir dende a Igrexa en procesión ata o lugar donde paraban , ali había unha parada donde o señor crego pronunciaba a súa homilia é despois subían de novo polo mismo lugar que chegaran.
Algúns veciños o último que recordan deste Cruceiro era que estaba últimamente sin a Cruz , soamente estaba a vara e a base , que seguramente ainda estará no seu sitio , daquela bastante enterrada e pouco visible .
Algunha veciña de xoven acercabase a este lugar a recoller frouma para as cortes das vacas , outros rapaces ían coas súas cabras a pastar e de paso xogaban alí,algún destos rapaces ainda recorda de limpar co pé o sitio do Cruceiro e aparecía a pedra da base do Cruceiro .
A DEPUTACION DE PONTEVEDRA CONCEDE DOUS CRUCEIROS PARA A NOSA PARROQUIA :
DECEMBRO DO ANO 2017, DESPOIS DE PRESENT DOCUMENTACIÓN RELACIONADA COA HISTORIA DE DOUS CRUCEIROS QUE EXISTIRON FAI ANOS NA PARROQUIA, CONSEGUIMOS QUE SE VAIAN A FACER NA ESCOLA DE CANTEIROS DE POIO, DOUS NOVOS CRUCEIROS, RECORDANDO DESTA MANEIRA A HISTORIA DO CRUCEIRO DA CHANCIÑA E O DE MOGOS:
Cruceiro da Chanciña, realizándose na ESCOLA de Canteiros
Cerponzóns, 30 de marzo de 2019
Por mor da celebración dos mil anos de existencia da nosa parroquia (data que se toma como referencia recollida do primer documento estrito que fai referencia a este lugar, inda que como sabedes os seguidores do blog, estamos presentes dende moito tempo atrás), levaranse a cabo diversos actos e actividades para esta efeméride.
Un destes actos e a colocación dun cruceiro que recorda a este do que falamos, por desgraza o orixinal perdeuse, e non consta ate o de agora fotografias del para facer unha copia exacta, polo que a asociación de veciños O Chedeiro de Cerponzóns, acadou a colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra para a súa financiación. Amais da implicación do noso cura D. Manuel Miguez.
As pezas foron creadas pola Escola de Canteiros de Poio, e xa lucen nun lugar nas inmediaciones da iglesia, cercano onde estuvo orixinalmente. Canteiros que fixeron o cruceiro: Cruz; Pedro Comesaña Capitel; Victor Otero Sanjorge Vara; Raul Moreno e David Areses Dado; Bruno Comesaña Ledo Pasos; Alejandro Fernandez García
No hay comentarios:
Publicar un comentario