jueves, 24 de abril de 2014

CERPONZÓNS PERTENCEU O CONCELLO DE ALBA



A historia dos concellos iníciase coa invasión francesa en 1810, pero será a partir das Cortes de Cádiz cando se tracen as primeiras bases das distribucións administrativas do territorio español.

As igrexas, os grandes señores e os rexedores reais posuían o control da maioría das vilas e pobos. Eran moi poucos os que tiñan rexedores electos. Para superar esta amálgama de poderes edivisones intentouse levar a cabo unha profunda reforma administrativa en todo o territorio español, pero en Galicia, pola súa singularidade, os arraigados "dereitos" de certas clases sociais farán que este proceso sexa moi dificultoso nas zonas rurais.



Para algunhas vilas de Galícia será relativamente doado, xa que as sucesivas leis promulgadas a tal fin favorecerían a constitución dos concellos. Entre as condicións que se esixían para formar concellos, estaban ter un n.º de veciños, unha superficie concreta..., estas condicións eran difíciles de cumprir, non pola superficie que si adoitaba ter, senón polo n.º determinado de veciños que se pedía, isto levaba á necesidade de agruparse para poder formar concellos.



Coa chegada de Isabel II ao trono de España, reiníciase o proceso de constitución de concellos que se interrompeu durante uns 20 anos.

Isabel II


Hai constancia escrita asinada polos mordomos pedáneos das parroquias de Lérez, Alba, Campañó, e Cerponzóns, demandando concello propio. Sucederanse mais escritos de demanda deste asunto.


Como curiosidade, apuntar, que as reunións dos veciños para tomar decisións tiñan lugar os domingos no adro das igrexas, despois da misa.


No ano 1835, co RD do 24 de Xullo reorganízase o territoriodespues de moitas peticións e propostas para a creación do concello.


O 13 de Agosto de 1835, constitúese a comisión encargada de elaborar o plan de futuros concellos sobre a base das propostas presentadas.


Así temos que nas reunións do 18 de Outubro de 1835, celebrada de forma simultánea nas catro parroquias, elixíronse o seu representante que levaría a cabo os trámites para conseguir o concello:

Por Alba : Ramón de Tilve
Por Campañó : José de Moldes
Por Lérez : José Piñeiro
Por Cerponzóns : Domingo de Tilve 




O 30 de Xuño de 1836, o responsable da comisión presenta as conclusións segundo a proposta de Fernando de Saravia para a zona de Pontevedra, esta, quedaría distribuída en 3 concellos:MourenteVerducido e Pontevedra.


No BOP do 30 de Novembro de 1836, publica a nova planta do partido xudicial de Pontevedra, que é onde nace o concello de Verducido, formado polas parroquias de SMartiño de Verducido, como capital, San Vicente de Cerponzóns, con 109 veciños e 274 almas, San Andrés de Xeve e Sta.María de Xeve, en total este concello no ano 1836, tiña 969 veciños e 3101 almas.


Unha vez publicado no BOP, comezan as reclamacións, entre elas as dos veciños de Cerponzóns, que queren cambiar de concello e o 13 de Novembro de 1841 piden segregarse de Verducido para facer un novo concello con Lérez, Alba e Campañó, e así aforrar diñeiro nas contribucións. Pero o 17 de Xullo de 1844, o párroco e os veciños piden de novo integrarse en Verducido, e que as restantes Lérez, Alba e Campañó,se incorporen o concello de Pontevedra.






O 22 de Agosto celébranse reunións simultáneas nas distintas parroquias rurais nas que os veciños manifestan a súa vontade de ser segregados e designan os seus representantes, dous por parroquia, para que interveñan en nome desta na sesión onde se ha de tratar o tema da segregación. En representación de Lerez serán comisionados Leandro Hevia e Felipe Arrivas, acudirán cos demais representantes á sesión do concello de Pontevedra o 26 de Agosto de 1841, e acordarase que o actual concello de Pontevedrase converta en catro.A saber Alba coas parroquias de Alba,Campañó e LérezMourente con BoraMarcón,Tomeza e a propiaMourenteSalcedo con Lourizán e Salcedo e, por últimoPontevedra, con Santa María e San Bartolomé.


Esta resolución é remitida á Deputación Provincial para que resolva en consecuencia o 10 de Novembro de 1841 esta aproba a segregación.

A parroquia de Cerponzóns engadirase ao concello de Alba o día 8 de decembro de 1841.


Aquí transcríbovos actas que o arquivo da Deputación conserva daqueles anos:
26/11/1841
Pleno
"Se dió cuenta de una exposición de varios vecinos de Cerponzóns en la que manifiestan que la Diputación acuerde otro medio para que con mas libertad pueda la parroquia francamente expresar su voluntad de unirse al nuevo ayuntamiento de Alba y separarse del de Verducido, a la que pertenece.
 En su virtud se acordó que el alcalde y procurador general reúna los vecinos en el día festivo mas próximo y ante ellos sean explorados acerca de su pretensión."

29/11/1841
Pleno
"Se dió cuenta de una exposición de vecinos de Cerponzóns quejándose del Ayuntamiento por las vejaciones que les causa acerca de  la diligencia que se le mandó practicar en averiguación de su voluntad, para unirse al Ayuntamiento de Alba.
En su virtud se acordó que el Sr. Diputado del partido reúna los vecinos de dicha parroquia y explore su voluntad."

08/12/1841
Pleno
"Se dió cuenta del acta de conformidad hecha por los vecinos de la parroquia de Cerponzóns, ante el Sr. Diputado del partido según estaba acordado, en la que manifiestan la voluntad de segregarse del Ayuntamiento de  Verducido a que pertenece dicha parroquia y unirse al nuevo Ayuntamiento de Alba.
En su virtud se acordó que dicha parroquia quede segregada del Ayuntamiento de Verducido y se una a las que han de formar el expresado de Alba, comunicándose esta resolución al Sr. Florez para su conocimiento y lo mismo al Ayuntamiento de Verducido."



A última corporación do concello de Alba ao que pertencía Cerponzóns foi elixida en 1868, estaba constituída por: Manuel Paz TorresJosé AbilleiraSebastián ArrivasAngel Casal de Rey,Manuel FernandezManuel GonzalezLeandro MartínezJosé FilgueiraPascual SabarísAgustín FreijoManuel TilveManuel FernandezJosé Casal, e Manuel Perez, como secretario Fermín Brey.

Desta corporación pasarían a formar parte da corporación dePontevedra, despois da anexión a esta, Manuel Paz TorresPascualSabarís, e Sebastián Arrivas, posteriormente entrará Angel Casal de Rey.


Imaxe do selo utilizado no extinto concello de Alba







O proceso de integración en Pontevedra queda consolidado na segunda metade do ano 1869, rematando así a existencia do Concello de Alba despois de 28 anos de vida municipal, aínda que os tres últimos estivesen marcados por sucesivas integracións e reposicións.

Así o destino de Cerponzóns foi ao mesmo tempo do de Alba e formamos parte do Concello de Pontevedra dende aquela, como unha das súas parroquias.

(Fontes consultadas: www.arcanaverba.org/cedofeita)

No hay comentarios:

Publicar un comentario