domingo, 15 de junio de 2014

LENDAS E TRADICIÓNS EN CERPONZÓNS


En toda Galicia, durante séculos, perduran tradicións populares, para curar males, na nosa parroquia como todas as demais desenrroláronse estas curacións e quedan algúns testemuños de ditas costumbres ancestrais.


Aquí tedes o que puiden recoller que se refiren a nosa parroquia:



Ten a parroquia de Cerponzóns unha longa historia ás súas costas. Historias
de serpes, como da que se di procede o seu nome, do latín 'serpo', aparecendo a súa primeira mención nun documento do rei Afonso V, que a chamaba Serpentiones;


LENDAS E TRADICIÓNS

Lendas como a que decía que" por as súas terras andaba unha muller vestida de branco que preguntaba as mozas do lugar si querían que as peinara, logo facíalles cocer un bolo de pan e metíallo na boca a unha serpente, dáballo a moza nun paquetiño que o chegar a casa habíao de meter nun arca, o día seguinte ese arca aparecía chea de ouro".( fonte revista cultural da parroquia "a voz do Rons")




(Fonte: MUSEO DO POBO GALEGO; Monografías; “La medicina popular en Galicia”, autor; Victor Lis Quiben; Prólogo: Fermín Bouza Brey
Publicación: 1949)


"MAL DO AIRE"
En San Vicente de Cerponzóns (Pontevedra); Lavan o neno, pero ha de ser con auga que tivese pasado por 7 muíños e a persoa encargada de recorgerla debe se un parente seu, o que ten que saír de casa pola mañá e tanto á ida coma á volta non pode falar nin saudar a ninguén, secándoo a continuación cun pano da mesa de "labanisco" (toalla adamascada), na que aparecerán os pelos do animal ou manchas de sangue da persoa que lle produciu a enfermidade.


ERISIPELA (enfermidades da pel especialmente cara e coiro cabeludo)


Na parroquia de Cerponzones (Pontevedra ), hechan nun cacharro de barro, veu aceite, sal e auga e, mollando nesta mestura un ramito de oliveira, fan círculos sobre a parte enferma, pronunciando estas palabras:

Tres hombres santos van por un camiño adiante, Jesucristo encontraron, Jesucristo lles dixo:
¿Homes santos, que buscais? ; imos o Monte Calvario, para buscar herbas pra bendecir  Uceras, Cirros, e cánceres, mores e todos los males que se fachen. Todo esto cercaremos con: la onida (debe referirse os círculos que fan có ramiño de olivo), viño de viña, aceite de oliva, sal do mar, augua da fonte tornar, pra que este mal non coma, nin beba, nin retoñe, nin por frio, nin por xiada, nin por calquer tempo que vaia.
Llevan a cabo la ceremonia una vez al día e durante nove seguidos.


AIRE DE GATO
En Cerponzones Pontevedra, utilizan en vez de carballo como noutras parroquias, o "pexegueiro", e á súa sombra se colocar dúas mulleres de nome María co neno enfermo, unha cólleo e o o dá a outra, dicindo "María Ti que me dás?, e devólvello, mentres a primeira di: "María trae acá". Isto fano tres veces ao día e durante nove seguidos.

Nestes últimos datos non empregan para nada os ensalmos e nalgúns recorren a un procedemento parecido ao que se usa para "curar o aire" de Sabandija, é dicir, o animal causante da enfermidade, neste caso un gato ou gata, abundando no meu anterior aserto de ser un medio opoterápico para o vulgo. Pola contra entran en acción Marías, cuxa intervención é destacada en todas as curacións por superstición, non só a causa do respecto que o seu nome inspira, por ser a Nai de Xesucristo, senón tamén pola virtude que lle atribúen para curar determinadas enfermidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario