sábado, 20 de septiembre de 2014

O FESTIVAL FOLK-ROCK EN CERPONZÓNS NO ANO 1998.

Os veciños da parroquia de Cerponzóns siguen aportando información a este blog para que os que veñan atrás de nos coñezan o que pasaba na nosa parroquia.

Neste caso imos falar do ano no que na nosa parroquia fíxose un concerto de Folck-Rock na parroquia.

Cartel do festival
(aportado por Jerónimo)


O día 17 de Octubre de 1998, as 10 da noite, según recollen as notas de prensa da época celebrouse na nosa parroquia, no lugar de "Chan do Monte", a primeira edición ( e única...), do FESTIVAL FOLK-ROCK, "MARCO DA LEGUA", contan as crónicas da época que houbo que trasladar de fecha o acontecimento, por mor da choiva, finalmente celebrouse baixo carpa o día 25 as 10,30, con moito exito por certo.

Este festival foi organizado por a Agrupación Cultural e Deportiva Chan do Monte, da nosa parroquia, cuya presidenta en aquel ano era Isabel Martinez, o banco de galicia correu cos gasto da cartelería.

Os grupos que participaban eran: Debuxos Reanimados, o gaiteiro Oscar Ibañez, Os Chichisos, Picadura y Garnet, e Quinta Feira, no que destacaba como percusionista o noso veciño Noli Torres o lugar elexido foi a explanada do campo de futbol, a asistencia era totalmente gratuíta, e invitábase a toda a comarca.
Púxose unha gran carpa para evitar a chuvia, o tipo de música tocaba diferentes paus, folk, heavy e rock.

Tamén incluía a posibilidades de facer piercing e tatuaxes (moi adiantados a moda, por certo, de aquela inda non se estilaba demasiado), xa que acudia ó evento un profesional experto nestes asuntos.

(Grazas a aportación de veciños que gardaron estes recortes de prensa, que ahora podemos lembrar)

(aportado por Ruy)




Recorte da época no que se anunciaba o evento.
(Aportado por Ruy)




Non conto con fotografías do día en cuestión, seguramente habrá veciños que as teñan, como sempre digo pordedes a portar fotografías do evento para seguir completando esta entrada. (Gracias a todos os que van aportando documentación)



No hay comentarios:

Publicar un comentario