jueves, 9 de octubre de 2014

CATA DOS VIÑOS E DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS DE CERPONZÓNS ANO 2002

Na historia mais recente de Cerponzóns, tamén var surdindo acontencimentos que nos falan de moitos aspectos da nosa parroquia.

Na nosa parroquia hai unha excelente colleita de uva, inda que non é de "denominación de orixe",nin temos grandes extensións de viñedo,  os caldos que se fan na nosa parroquia, son coñecidos  nos arredores. Muitos veciños, producen estes viños para consumo propio, pero tamén cando hai excedente, son vendidas as uvas e os viños, e son bastante apreciados.

Chegaron ata min, unhas fotografías que recollen unha cata que se organizou na nosa parroquia, e na que foron premiados os viños mais destacados.

Corresponden estas fotografías de entrega de premios ó ano 2002, dicha cata, foi organizada pola ACD Chan do Monte.













Así mesmo, na nosa parroquia, como xa coñecedes os lectores deste blog, temos uns montes que producen excelentes castañas, os veciños celebran un magosto ó ano con os productos que se dan na nosa terra.




No hay comentarios:

Publicar un comentario