viernes, 20 de noviembre de 2015

A PEÑA DE MEÁN

Nesta entrada vou poñer uns documentos oficiais que encontrei referidos a "Peña de Meán", gran rocha situada no lugar de Meán, pertencente a parroquia de Cerponzóns, que causou gran revuelo na época, por mor do perigo que tiña para os habitantes de ese lugar.






Localización do lugar na actualidade:


Sinalado cun sombreado oscuro. 

Mais perto do que quedou.

Moitos acordarán semellante acontecemento na parroquia, para outros mai xóvenes será unha maneira de visitar a nosa parroquia ó longo do tempo.

Como xa imos vendo a nosa parroquia sobre todo os montes están cheos de grandes rochas que nos rodean. Fai moitos anos,fóronse construindo viviendas no lugar de Meán, escavando nas rochas.

No 1 de octubre de 1966, sae publicado no Diario de Pontevedra, no resumo dos plenos do concello de aquela época, unha sesión extraodinaria, no que se refire o seguinte:


"Fuera del orden del día, el señor Filgueira Valverde propuso habilitación de un crédito de setenta mil pesetas para asegurar debidamente "la peña de Meán", un bloque granítico de unas cien toneladas, sita en el límite de las parroquias de Cerponzóns y Lerez, que actualmente está sostenido por una pequeñísima cuña, lo que pone en grave peligro a varias familias que habitan en las proximidades de dicha peña. Ante el riesgo indudable que ello entraña para aquellas familias, el pleno aprobó la propuesta del alcalde." 







Buceando no arquivo histórico que ten o Concello de Pontevedra, apareceu o acta orixinal dun pleno coa data do 29 de Septembro de 1966.

Póñovos a copia do orixinal inda que non sei si se leerá ben, asique vou transcribilo:

A esquerda da primeira páxina pon o tema de que se trata, e di así:
Mole granítica peligrosa en el lugar de Meán-Cerponzones.

O texto e o seguinte:
El Iltmo. Sr. Alcalde ( D. José Filgueira Valverde), expone que existe una peña en Meán emplazada en el terreno comunal de enorme peso que amenaza con caer sobre viviendas de aquel lugar. Actualmente ofrece poca seguridad ya que según le tienen informado los técnicos se ha producido un reblancecimiento del terreno y ha aumentado su inclusión con grave peligro para los propietarios de esas viviendas, dado el peligro inminente y a proupuesta del excelentísimo Sr. Alcalde de acuerda por unanimidad facultarlo para realizar contrato de destajo de las obras de apeo de esa gran mole granítica, bajo la dirección del Arquitecto municipal, D. Alfonso Barreiro Buján, cuyo coste aproximado es de unas setenta mil pesetas, que se abonarán con cargo al presupuesto ordinario del próximo ejercicio.








Contan algúns veciños que de aquela formouse un gran revuelo, incluso a prensa acudiu a parroquia aqueles días,fai tempo que teño esta documentación, estiven intentando localizar algunha fotografía da época, foi traballo valdío,  e unha mágoa que non poidera conseguir fotografías de semellante rocha, inda que teño a esperanza de que algún veciño aporte algunha fotografía para que quede aquí como recordo da nosa historia.


Artículos e fotos da época no diario de Pontevedra:



Vecinos do lugar afectados.

Vista dende o alto-




No hay comentarios:

Publicar un comentario